AFABER escolle as fotos que mellor describen o alzheimer


Falan por si soas cada unha das 30 imaxes que participaron no Concurso de Fotografía de AFABER. Un certame xa a nivel nacional, porque varias das imaxes chegaron dende outros puntos da península.
E desas 30, xa temos as 4 gañadoras, escollidas por un xurado, composto por Jesús Manuel Villar Antelo, Presidente de AFABER; Mª Carmen Ures García; Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, José Manuel Casal Sobrino, fotógrafo de “La Voz de Galicia” e Jorge Varela Queijo, fotógrafo do Diario de Bergantiños.
A gañadora do Concurso é unha foto que leva por título “Hasta nuestro final” realizada por Marta Pampín de Santiago de Compostela.

O segundo premio márchase para Girona, a mans de Lidia Banús, pola fotografía que leva por título “En su propio mundo”.

O terceiro premio realizará a súa viaxe ata Málaga, á casa de Ángel Moreno, coa foto “¿Dónde estás?” que ademais pasou á final grazas a obter o maior número de “Me gustas” no perfil de AFABER do Facebook.

Os membros do xurado decidiron por unanimidade outorgar o premio ACCESIT a Mar Parafita de Carballo, pola fotografía “Las huellas de las memoria”.

Podedes ver oálbum completo no Facebook de AFABER, ou ben na propia sede da entidade, na rúa Camelias, 2 – baixo.
Novas relacionadas
- Fotografías que describen o alzhéimer.
- Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba.
- Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- AFABER.