Martes. 13.04.2021
El tiempo

Agalure achega a problemática das adicción ao xogo e ás apostas a 6 centros de ensino da comarca

Gerardo Rodríguez de Agalure con Ana Lamas e Valetin Gonzalez Formoso
Gerardo Rodríguez de Agalure cos representantes da Deputación, Ana Lamas e Valetín González Formoso
Agalure achega a problemática das adicción ao xogo e ás apostas a 6 centros de ensino da comarca

Ben coñecemos na comarca a problemática que xenera a ludopatía gracias ao testemuño público do muradán Santi Caamaño. De aí, por exemplo, o noso compromiso de non aceptar publicidade relacionada coas apostas, un dos negocios que máis está colmando de cartos aos medios de todo o Estado a pesar das graves consecuencias que xera na sociedade.

Para seguir loitando contra esta problemática a Deputación da Coruña e AGALURE impulsan un programa piloto de prevención da ludopatía nos centros escolares da provincia. Conscientes de que “a adicción ao xogos de azar online e as apostas deportivas afectan a persoas con idade media cada vez menor”, como explican dende Agalure, a Deputación “declara a guerra” ao fomento do xogo entre os adolescentes: “Imos atacar de fronte esta lacra e dar a batalla cada día, desde todos os estamentos”, sinalou o presidente Valentín González Formoso.

A entidade recorda ademais que “o tempo de latencia para adquirir a dependencia é moi inferior no xogo en liña que nas máquinas recreativas”.

De aí que a nova campaña de prevención se vaia desenvolver e 18 centros de ESO e centraranse especialmente nas apostas deportivas e o xogo online. Serán charlas informativas entre as que se atopan os CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), CPI de Zas e IES Maximino Romero de Lema (Zas), CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos), IES Ramón Caamaño (Muxía), IES Lamas de Castelo (Carnota).

Ademáis das accións nos centros escolares, o programa inclúe reunións cos técnicos dos concellos e orientadores dos centros de secundaria de cada unha das 18 comarcas, nos que os e as profesionais de Agalure informarán sobre as adiccións sen substancia e como estas afectan á mocidade.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios