Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas

Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas

Santiago Caamano dando unha charla nun colexio sobre prevencion a ludopatia

”Cando vexo toda esta publicidade abusiva en todas as televisións, radios… sinto rabia e ata agora impotencia. Pero agora mesmo, algo menos de impotencia porque vexo que se pode chegar a xente,e que estamos no camiño da concienciación. Este é o principio do cambio. Os pasos son: concienciacion, regulación e despois prevención. Estamos no primeiro paso, a xente empeza a estoupar. Xa levamos case 200.000 reproducións, con moitos famosos implicados, e imos no bo camiño.”.

O que nos fala é Santiago Caamaño, un mozo muradán cheo de valentía que se enfronta ás poderosas casas de apostas cansado da publicidade abusiva, enfocada ademais ao público infantil e xuvenil (arredor do 50% desta publicidade emítese en horario infantil), usando deportistas de elite, presentadores famoso… e normalizando unha afección ao xogo que debería ser ilegal. Un negocio que move arredor dos 150 millóns de euros ao ano en España.
É certo que algún grupo político como Unidas Podemos propón lexislar pero poucos se atreven a tocar un negocio tan potente para os medios de comunicación.

El sabe as consecuencias que trae o xogo e as apostas, como contaba o ano pasado cando “saía do armario”, e recoñecía ter sido superado pola ludopatía.

A día de hoxe, despois dun ano “san”, adícase a isto, “a axudar á xente”, porque “vexo o que está xerando esta publicidade, porque sei as consecuencias que trae”. Por iso vai de colexio en colexio contando que se sinte cando se meten os primeiros 5 euros nunha aposta dun partido, dunha máquina ou dunha partida de póker. As súas charlas serven para que centos de rapaces da contorna vexan de primeira man as graves consecuencias da ludopatía.

”A loitar, hai que ir cambiando esta lacra”

Outra das súas armas é a rede. Gran usuario das redes sociais, abríu unha conta en twiiter co nome @LudopataR (Ludópata Rehabilitado). Ten xa máis de 1.200 siareiros, e o último chío que vén de lanzar está rompendo fronteiras.

O seu vídeo xa alcanza as 200.000 reproducións, supera os 4.000 retuits, e xente moi potente no twitter está compartindo como @Wismichu, @PabloHasel ou @SmoothArcano.

 

Tamén deixou este rap fantástico, con 70.000 reproducións:

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios