Xoves. 27.02.2020
El tiempo

O BNG de Muros rexistra unha moción para regular as licencias municipais das casas de xogo

María Lago, voceira do BNG de Muros
María Lago, voceira do BNG de Muros
O BNG de Muros rexistra unha moción para regular as licencias municipais das casas de xogo

En Muros xa está calificado como un problema social de índole doméstica. A experiencia mediática de Santi Caamaño serviu para que todo o pobo sentise a ludopatía como propio. Un sentimento que tamén asume o diario QPC, que xa se comprometeu a non publicar, e de feito xa ten rexeitado, campañas publicitarias relacionadas coas casas de apostas.

O asunto vai chegar ao pleno, gracias a unha moción que vai presentar o BNG. A semana pasada a voceira, María Lago, rexistrou unha iniciativa propia para regular o otourgamento de licencias as casas de xogos. “Queremos ser previsoras e prácticas, é certo que non hai ningún negocio deste tipo en Muros, pero sí temos moi preto concellos similares en canto a poboación no que estos negocios están normalizados. Hai lugares de Galicia nos que non podes mercar un peza de froita ou o pan, pero sí podes gastar todo o teu xornal en xogos de azar. Atopámonos por tanto cun problema social que aumenta de maneira silenciosa, pois aproveita a vergoña e o tabú social para medrar sen que nos percatemos da verdadeira envergadura deste problema.”

A iniciativa, foi redactada de xeito aberto. “A ludopatía é unha adicción e por tanto as casas de xogo non poden ser tratadas como negocios inofensivos para a nosa veciñanza, teñen que ter un regulamento específico. Hoxe en día ninguén concebiría unha valla publicitaria dunha marca de tabaco na porta dun colexio, nin unha marca de alcohol nun campo de fútbol.”

Os nacionalistas insisten na importancia de crear conciencia desde os concellos, seguindo tres frontes de acción: prevención, control e reparación. “A iniciativa ten que aprobarse no pleno deste xoves. Esperamos que todos os grupos voten sí a esta moción. Entendemos que todos deixaremos a un lado as nosas cores, para apoiar unha inciiativa que beneficia a toda a veciñanza”, sinala.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios