A Agrupación Un Paso Máis fortalece os lazos comunitarios e fomenta a inclusión con actividades de Nadal
A Agrupación Un Paso Máis, despois de pasar un outono completo de colexio en colexio compartindo a necesaria experiencia da diversidade a través do deporte, non para por Nadal.
De feito, este sábado ten unha experiencia espectacular, coa sesión de cine adaptado o sábado 14 de decembro ás 11:00 horas nos Cines Bergantiños. Xa é a segunda sesión despois da realidade en maio e o éxito (tiveron que colgar o cartel de “Non hai localidades”), demostra a necesidade de facer máis accións coma esta, que fortalece os lazos comunitarios e fomentar a inclusión, agradecendo o apoio e a participación de todos os seus membros.
Asemblea e festa
Días máis tarde, a directiva da Agrupación convoca a todas as familias asociadas para participar na doble asemblea anual que terán lugar o vindeiro domingo, 22 de decembro, antes da tradicional Festa de Nadal.
Ás 15:30 horas celebrarase a Asemblea Extraordinaria, seguida da Asemblea Ordinaria ás 16:15 horas. A asistencia non require confirmación previa. Durante as asembleas, discutirase un resumo das actividades anuais, incluíndo o informe económico, así como o plan de actividades para o próximo ano e propostas de modificación estatutaria. Tamén se informará sobre cambios na executiva e a constitución da Comisión de Ética e Transparencia.
A partir das 17 horas, na escola de Arrabaldes en Carballo, terá lugar a esperada Festa de Nadal, un evento exclusivo para os socios de Un Paso Máis. A celebración incluirá actividades adaptadas para tódolos nenos e a visita especial de Papá Noel. Para garantir unha experiencia óptima, e obrigatorio confirmar a asistencia mediante o formulario de inscrición na web da Agrupación.
Obradoiros de conciliación
Ademais, Un Paso Máis anuncia a creación dun espazo de xogo, gracias á colaboración con O Recreo, dispoñible durante os días non lectivos e non festivos de Nadal, deseñado para ofrecer un lugar seguro onde os nenos poidan xogar e compartir momentos especiais. Este espazo, que funcionará sen monitores, require que os nenos estean acompañados por un adulto responsable. A inscrición previa é obrigatoria e gratuíta.