Venres. 29.03.2024
El tiempo

AMEGA “Bota a lingua a pacer” polo Día dos Medios en Galego 2022

Dia dos Medios en galego 960x540
AMEGA “Bota a lingua a pacer” polo Día dos Medios en Galego 2022

Cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia, a Asociación de Medios en Galego organiza, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, e neste caso co Concello de Santiago, o Día dos Medios en Galego. Unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876. 

As máis de 30 cabeceiras que formamos a AMEGA (QPC é membro fundador da entidade) e os máis de 140 medios que fan comunicación na nosa lingua, queremos festexar un ano máis esta data, desta volta co lema “Bota a lingua a pacer”. 
Farémolo dun xeito adaptado á situación actual, co Roteiro “Compostela e a lingua”, que se desenvolverá o sábado 5 de febreiro, con saída ás 11:30h da Rúa Nova, 34. Durante o roteiro, que estará acompañado polo pasarrúas de Xulio Maside, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma. 

Os Quinquilláns, Antón Baamonde, Bieito Iglesias, Anxos García Fonte ou a carballesa Rosalía Fernández Rial serán a encargadas de guiar o roteiro por diversos puntos de interese. Podedes ver o programa en mediosengalego.gal.

Agradecemos a inscrición en [email protected]
 

Comentarios