AMEGA, Dinahosting en PuntoGal fomentan o uso do galego na rede
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Dinahosting e PuntoGal unen esforzos neste mes de maio nunha campaña para dignificar o uso da lingua na rede, tendo en conta que a día de hoxe o 85,3% da poboación accede á información a través da rede.
A campaña permitirá que as persoas que se fagan suscritoras entre o 17 e o 31 de maio dalgún dos medios participantes (que teñan canle de suscrición), recibirán totalmente de balde un dominio .gal e o aloxamento dese dominio durante un ano. Un agarimo que está valorado en máis de 170 euros.
A lista de medios que participan nesta campaña, de xeito de que se te suscries durante este mes recibirás ese agasallo, son:
- Nós Diario
- Radiofusión
- Tempos novos
- Praza.gal
- Luzes
- O Sil
- Revista Mazarelos
- Código cero
- O Barbanza
- Nós TV
Ademais, apoian a campaña promocionando os seguintes medios (que non teñen suscrición): GCiencia, GaliciaConfidencia, Revista AMSGO, As Nosas, EntreNós Dixital, Revista Zona Press, Xente de Teo, Quepasanacosta, Ollaparo, Revista Pincha, Radio Estrada, Radio Fene, Lindeiros, A Trabe de Ouro, Novas do Eixo Atlántico, Foro A Peneira, Revista INviable e A Voz de Vilalba.