Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Senda Nova disfruta as noites de verán

Senda Nova disfruta as noites de verán

Arrincou o Verán ao Natural de Senda Nova. E o fixo con varias actividades ao aire libre.

Xornadas de Cartografía

Curso Cartografica de Senda Nova

A primeira actividade tivo lugar coas III Xornadas de iniciación á cartografía e orientación, na que participaron un total de 15 persoas. Durante 4 días, puideron aprender cousas relacionadas cos mapas, compás, e as regras, para disfrutar despois do máis divertido: A saída ao monte.

Varias foron as parroquias que nos acolleron na prática cos mapas, pero sobre todo foron lugares das ferigresías de Montemaior e Sofán as que recibiron as visitas dos diferentes grupos de participantes que buscaban alturas, rumbos e coordenadas.

Unha noite de Super Lúa

Roteiro Nocturno Infantil con Senda Nova

A noite do sábado serviu para disfrutar dun fermoso Roteiro Nocturno Infantil, ao que se apuntaron máis dunha ducia de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 13 anos. Partiron de Sísamo, por corredoiras antigas e no medio de carballos e loureiros transitou cada neno da ruta. Algún deles pensando nalgunha pelicula de medo vista recentemente, outros fixandose en cada paso do camiño, pero todos disfrutando de cada un dos seus compañeiros e compañeiras de andaina.

”Cando chegamos ao lugar de pernocta xa a lúa destacaba sobre o ceo”, cóntannos. “Unha lúa tremendamente grande que iluminaba xa todo o necesario para coñecerse na escuridade da noite”. “Antes da durmida houbo un tempo de sentir... como sempre. As ceas compartidas só eran alumeadas pola luz común da lúa grande grande”.

Así amencía, despois de que a chuvia fixese comprobar a calidade das tendas, e de moitas conversas. O almorzo dou paso á retirada e aos contos resumo de dúas actividades que conseguiron xuntar unha treintena de persoas comprometidas.

Servíu para facer plans para a Berrea, a proxima saída que desenvolveremos no paraíso Astur.

Erguerse pola mana de camping con Senda Nova

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios