Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Apoiando ó pobo palestino

Apoiando ó pobo palestino
Unha vez máis é preciso falar do pobo palestino e das agresións que están a sufrir por parte de Israel cunha vaga de bombardeos contra Gaza. Nesta ocasión, o Bloque Nacionalista Galego da Costa da Morte expresa a total solidariedade co pobo de Palestina que está a sufrir unha auténtica tortura por parte dun estado que se dedica a matar civís inocentes e a destruír as vivendas da poboación até deixalos sen nada. O BNG denuncia a conivencia con Israel da Comunidade Internacional e da UE, que non poden seguir impasíbeis ante unha agresión militar que ten o perfil dun auténtico xenocidio. E particularmente dos Estados Unidos por amparar, durante máis de 65 un estado que incumpre sistematicamente todas as resolucións da ONU e é o principal inimigo da paz na rexión. Ao mesmo tempo, o Bloque pide a toda a sociedade galega e ás organizacións políticas, sindicais e sociais do noso País que manifesten a condena á actuación xenocida de Israel, o apoio ao pobo palestino e á causa paz e tamén á procura dunha solución xusta e duradeira para o conflito e para o futuro do Estado palestino.

Comentarios