Aprendendo con Vieiro a tomar mellores decisións emocionais


Dentro da programación de prevención no ámbito educativo, a Asociación Vieiro deu comezo opasado xoves día 15 de marzo ao programa de habilidades socio emocionais no IES Parga Pondal de Carballo. Este programa está destinado a adolescentes con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos que cursan ensinanza secundaria, mozos que se atopan en pleno proceso de desenvolvemento físico e emocional e empezan a tomar decisións que marcarán o resto da súa vida. As sesións deste programa son impartidas pola psicóloga Patricia Rodriguez Villar.
Unhas sesións máis valiosas para estes adolescentes que se atopan en pleno proceso de aprendizaxe vital. De aí a importancia destas habilidades socio emocionais, que con buscan nin poden erradicar as situacións de risco pero si poden moldear e transformar as actitudes e conductas cara a esas situacións. Ademais, abordadas no ámbito escolar contribúen a transformar, fortalecer e mellorar as relacións entre os membros da comunidade educativa.
Este programa consiste na realización dun taller de aprendizaxe teórico-práctica co obxectivo de aprender ou modificar, segundo cada caso, as habilidades socio emocionais dos e as participantes a través de a instrución teórica de conceptos craves e a posta en práctica, tanto en clase como na vida real do aprendido. Os obxectivos que persegue son: - Adquirir un maior coñecemento das propias emocións. - Fomentar a capacidade de comprender e regular as propias emocións. - Desarrollar o propio autoconcepto e unha autoimaxen positiva. - Potenciar actitudes de respecto e aceptación sobre a propia singularidade e a dos demaiss. - Desarrollar competencias para a resolución positiva de conflitos. Algunhas das sesións que se abordan en este programa entre outras son autoestima e autoconcepto, xestión de emociones, intelixencia emocional, empatía, estilos de resposta; pasividade, agresividade ou asertividade, resolución de conflitos, comunicación, falar e escoitar, autoafirmación, como defenderse, expresar queixas, pedir favores.
Novas relacionadas
- Vieiro reactiva o servizo de denuncias antidroga “Ti cooperas se denuncias”.
- Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias.
- A Escola de Pais e Nais de Vieiro xa traballa en clave de prevención.
- Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo.
- Vieiro abre un novo curso da súa Escola de Pais e Nais
- Vieiro achégase ata as aulas de Carballo co seu programa de prevención escolar.
- Vieiro mantén activo o servizo de información e orientación contra a drogadicción
- Vieiro homenaxea ao seu finado presidente con máis implicación.
- 29-08-17: Falece o presidente da asociación antidroga Vieiro.
- Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria
- Vieiro pon en práctica as habilidades sociais de máis de 1000 estudantes de secundaria de Carballo
- Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico
- 100 pais e nais aprenden con Vieiro a importancia da prevención
- Vieiro axuda a adolescentes de Carballo a coñecer e xestionar as súas habilidades socioemocionais.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vieiro