Sábado. 04.12.2021
El tiempo

APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector

APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector

A Asociación Profesional do sector turístico da Costa da Morte (APTCM) mantivo dúas importantes reunións no día de onte cos estamentos públicos galegos. Unha das reunións foi ca Subdirectora Xeral de Turismo, María Antón e a segundo co Subdirector de Coordinación e Planificación para o Desenvolvemento Rural, Amancio Landín.

Ámbalas dúas reunións foron moi positivas, segundo destacan as técnicas da entidade. Nelas certificaron que as liña de traballo que esta a seguir a asociación coincide coas prioridades que estes dous organismos se marcan en materia de turismo: creación de produto, promoción e sobre todo comercialización.

Pero non todo foron boas novas.

Sinalización

Un dos temas tratados coa subsecretaria foi o da sinalización, unha carencia imperdoable en materia turística na nosa bisbarra. APTCM recordou que o Plan de Dinamización da Costa da Morte xa redactou e aprobou no seu día un plan de sinalización e desde a Secretaría comprometéronse a telo en conta no momento en que se inicien os traballos de sinalización.

Perda de investimentos por falta de unidade

Pero, quizais o mais destacable das reunións de onte foi confirmar unha vez máis que a Costa da Morte está a perder investimentos e actuacións en materia de turismo por non contar cun interlocutor único. De feito, no seu día a Secretaría Xeral de Turismo asinou varios convenios con distintas zonas como Arousa Norte ou Ribeira Sacra para a posta en marcha de distintos proxectos.

Nestas zonas a secretaría xeral de turismo conta cun interlocutor único, un ente, ben sexa consorcio, mancomunidade… pero no noso caso isto non sucede.

Desde a APTCM manteñen que "o feito de que non teñamos un ente que aglutine e coordine as accións turísticas da Costa da Morte fai que os resultados das inversións das administracións se dividan por catro ou o que é aínda peor, que se perdan importantes investimentos aos que están accedendo outras zonas da nosa comunidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

comentarios