APTCM invita aos seus asociación a visita a FITUR
A Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) invita a todos os seus asociados a achegarse á FITUR 2018, a feira turística máis importante de cada ano.
A cita desenvolverase en Madrid do 17 ao 21 de xaneiro e xa hai que ir reservando pases para os profesionais. A entidade, ademais de indicar o procedemento para poder obter os pases de Visitante Profesional de FITUR 2018, válido para os días de profesionais, poden obter obter o seu pase de acceso directo de 1 día como Visitante Profesional, sen custo.
Os profesionais deben inscribirse no “Punto de Encuentro de Profesionales” antes do 1 de novembro (inclusive)e recibirá por email , a partir do 13 de novembro, as indicacións para obter o seu pase de acceso directo de 1 día como Visitante Profesional, sen custo.
Unha vez inscrito no “Punto de Encuentro de Profesionales” antes do 1 de novembro, poderá converter o seu pase de Visitante Profesional de 1 día nun Pase Permanente para toda a feira, ao prezo de 8 €, sempre e cando o solicite antes do 9 de xaneiro de 2018 (inclusive), no propia web de FITUR.
- Máis información: ifema.es.
Novas relacionadas
- 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur.
- 2017: Seis versións da Costa da Morte en Fitur.
- Xosé Regueira: “No sector turístico fai falta formación, e non só dos hostaleiros, se non tamén a nivel estratéxico, dos empresarios.
- O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
- FITUR 2016: As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016
- FITUR 2015: A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR
- FITUR 2015: Curta e disgregada presencia da Costa da Morte en FITUR.
- FITUR 2014: A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte.
- FITUR 2012: Unha FITUR de nasas, congros e bicicletas con sabor a Finisterre.
- FITUR 2011: Fitur volve coñecer varias Costas da Morte.
- FITUR 2010: Dúas Costas da Morte en Fitur.
- FITUR 2009: A Costa da Morte, divida no Fitur.
- Redacción QPC ([email protected])