APTCM lanza a campaña gastronómica "Meses con R"
- Participan na campaña 17 establecimentos da comarca con menús e pratos baseados na gastronomía local de quilómetro cero, que se poderán degustar durante as fins de semana de outubro a decembro.
O Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, acollía onte lugar a presentación oficial da campaña “Meses con R, aposta segura”, cun evento organizado pola Asociación de Profesionais Turísticos de Costa da Morte (APTCM), que reuniu a unha variedade de personalidades do sector hostaleiro da Costa da Morte e representantes de diferentes administracións públicas.
A campaña "Meses con R, Aposta Segura", que conta co apoio da Consellería do Mar, Agader e Turismo de Galicia, ten como obxectivo promover a gastronomía local de quilómetro cero da Costa da Morte, durante as fins de semana dos meses de outubro, novembro e decembro. Os comensais poderán degustar menús ou pratos baseados na gastronomía local, principalmente peixes e mariscos das lonxas da Costa da Morte, así como produtos da horta.
Esta iniciativa, promovida por APTCM e coa colaboración da CMAT, busca desestacionalizar a demanda, permitindo desfrutar dos produtos de temporada fóra dos meses do verán e destacando a riqueza dos produtos da Costa da Morte.
Os participantes
Os 18 establecementos participantes nesta campaña, que á súa vez busca fomentar a colaboración entre os sectores turístico e pesqueiro do territorio, son os seguintes:
- A Lonxa D´Álvaro
- A Marina de Camariñas
- As Garzas
- Asteria Beach
- Balarés Hotel
- Carrumeiro
- Liresca
- Mar da Morosa
- Mar de Queo
- Morada da Moa
- Náutico de Razo
- Mar de Preciosa
- Moncho
- Refuxio do Náufrago
- Parador Costa da Morte
- Pontemaceiras
- Río Sil
- Tira do Cordel
Algúns dos produtos nos que se basearán os menús inclúen o Grelo rizado, a Pataca de Coristanco, a Faba do marisco, o Pan de Carballo, o Berberecho do Anllóns, a Centola, o Polbo ou a inmensa variedade de peixes das lonxas da Costa da Morte.