Aquelarre de San Xoán no Verán ao natural de Senda Nova
07:19 20/06/17
Tralos 180km de corredoiras percorridos no programa Primavera en Ruta, a entidade conservacionista Senda Nova volve á carga co novo programa estival “Verán ao Natural”. Un programa de actividades que ten o obxectivo habitual, achegarnos ao noso entorno natural .
Este verán vén máis festexeiro e contará cun Aquelarre, un encontro festivo, un roteiro nocturno e unha viaxe.
O Aquelarre será no Monte Neme pola noite de San Xoán.
O domingo 2 de xullo toca Comida campestre en Oza.
O Roteiro Nocturno desenvolverase polo Pico de Meda, en Zas, os días 8 e 9 de xullo, con durmida.
E a viaxe será a ver a Berrea, en Asturies, os 22, 23 e 24 de setembro.
Máis información
Novas relacionadas
- 180 km de corredoiras para facer historia na Primavera en Ruta de Senda Nova.
- Senda Nova descubre a ruta das mámoas de Cabana.
- A Primavera en Ruta, o programa máis antigo de Senda Nova, tamén homenaxeará a Pondal
- Máis de 1500 persoas participan nas distintas actividades do Inverno Ancestral de Senda Nova.
- 30 nenos coñecen de preto a natureza na Escola Ambiental de Senda Nova.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).
- Senda Nova.