Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arrinca unha rolda de alcaldes/as nos #DirectosQPC das 15:00h

David Barbeira e Sandra Insua estrean a rolda de alcaldes e alcaldesas nos #DirectosQPC
David Barbeira e Sandra Insua estrean a rolda de alcaldes e alcaldesas nos #DirectosQPC
Arrinca unha rolda de alcaldes/as nos #DirectosQPC das 15:00h

Parece que pouco a pouco imos facendo por preparar unha programación constante nos #DirectosQPC. Cada día, ás 15:00h, Ubaldo Cerqueiro e Paula Castiñeira farán un directo nas nosa páxina de Facebook Que pasa na Costa, agás os luns, que teremos temática deportiva continuando coa serie de entrevistas futboleiras na paxina de Facebook de Fútbol da Costa, como a que fixemos onte co colexiado Marcos Ordóñez.

Os mércores teremos cita co IES de Baio, e o seu programa de faladoiros sobre orienctación (con ex alumn@s) e de reflexión cultural con persoeiros singulares que pasaron polo centro.

Martes e xoves será tempo, polo de pronto, para facermos unha boa rolda de alcaldes e alcaldesas. Esta semana comezaremos o martes co alcalde de Santa Comba, David Barbeira, e a alcaldesa de Camariñas Sandra Insua.

E venres teremos algunha sorpresa e caras novas ;-)

 

Ver as entrevistas feitas nos #DirectosQPC

Comentarios