Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arrincan os Foros Turismo Covid19 da Deputación e o Foro do Camiño dos Faros

1200x1200-ForoTurismo_Mesa de trabajo 1 copia
Arrincan os Foros Turismo Covid19 da Deputación e o Foro do Camiño dos Faros

Días para que o sector hostaleiro estea ben conectado á rede, tomando nota para o futuro. Comezan dous interesantes foros turísticos de relevancia como son o Foro Turismo Covid19 que organiza a Deputación da Coruña e o Foro do Camiño dos Faros.

O foro provincial comeza esta mañá de luns 27 ás 11:00 con 6 especialistas representantes de entes de xestión, como son Lucho Alcalá da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Diego López Pedreira da Reserva A Coruña e as Mariñas, Manuel Jesús Lema Caamaño de Muxía Natural, Flavia Ramil de Incolsa Turismo Santiago, Lanzada Calatayud do Consorcio Turismo Coruña ademais de Mª Teresa Villaverde polo Xeodestino Ría de Muros.

O Foro continuará o xoves 30 falando de políticas públicas dos concellos; o 4 de maio sobre o sector empresarial, e o 11 de maio sobre a comunicación e promoción de recursos turísticos.

"Estas perspectivas vannos dar unha ampla fotografía da realidade do sector a día de hoxe e de aquí a fin de ano e tamén de como teremos que marcar estratexias de cara ao 2021", sinala Xosé Regueira.
É preciso inscribirse en cada unha das xornadas enviando un correo electrónico a [email protected] até dous días antes de cada unha das sesións.

Foro do Camiño

Pola súa parte, o Foro trasn@ comeza hoxe e se desenvolverá ao longo da semana, cunha hora e media de ponencias a partir das 11:00h.

200418-Foro-Camiño-dos-Faros-06-1038x576

Novas relacionadas

Comentarios