O Camiño dos Faros abre as portas no seu primeiro Foro

Este ano non vai haber edición común do Camiño dos Faros, pois os trans@s decidiron non realizala en protesta contra a falta de apoio das administracións. Leva 5 anos a Asociación ofrecendo un recurso de incalculable valor para a Costa da Morte, pero é necesaria a implicación das administracións para conseguir homologar a ruta.
En todo caso, a historia do Camiño dos Faros é das cousas máis bonitas que ten vivido a comarca na pasada década. Unha iniciativa que parte do civil, da veciñanza, para convertirse nun produto que é a día de hoxe meirande referente turístico e de marca de calidade de toda a Costa da MOrte.
Pode ser este un bo momento para coñecelo por dentro, e de aí a creación do I Foro Camiño dos Faros: Un recurso sostible para a Costa da Morte.
Durante a semana do 27 de Abril ao 1 de Maio, todos os días de 11 a 12:30 horas, especialistas de cada materia falarán deste Camiño desde os máis variados puntos de vista. Serán charlas de 90 minutos en Zoom e Facebook onde os participantes poderán facer as preguntas que consideren adecuadas polo chat.
O primeiro día, o luns 27 Abril, falarase en clave de “historia e de futuro” da man de Cristina Alonso, presidenta da Asociación O Camiño dos Faros, Pablo Canosa, secretario do CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), Lois Carballido, alcalde de Ponteceso, Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas e Cesáreo González, presidente del Cluster de Turismo de Galicia.
O martes 28 tocará falar de “paisaxe e paisanaxe”, co mesmísimo “Traski”, facendo de voceiro da Asociación, o catedrático Juan Ramón Vidal Romaní, o especialista en historias mariñeiras Fernando Patricio, e o polifacético Suso Lista.
O mércores 29, para profundizar o “turismo responsable” falarán profesionais como Enrique Pérez Sampedro, Comercial de Travels to Finisterre, Silvia Bouzas, directora del Hotel Playa de Laxe, Sandra Varela, propietaria da Casa de Lelo (Valarés), Isabel de Simón, propietaria do Bar Restaurante Xan (Barizo), Marcos Baña, Propietario do Bar A Molinera (Camelle), e Nacho Castiñeira, Taxista de Muxía.
O xoves 30 de abril recoñecerán a posición do Camiño como “referente mundial” xentes do mundo como Sebastián Alvaro, creador de Al Filo de lo Imposible, Mimmo Pandolfo, Presidente de la FIE (Federación Italiana de Excursionismo), Fivos Tsaravopoulos, cofundador de Paths of Greece y directivo de la World Trails Network, e Luis Dias, representante de Papa-Leguas (Portugal).
Por último, o venres 1 de maio, para reflexionar sobre que o Camiño é “moito máis que unha ruta” estarán Jorge Palanca, do Camiño dos Faros Inclusivo, Felipe Oza, participante e finisher del Ultratrail Camiño dos Faros, e Cecilia Burillo, Componente da Traskiband.
Inscríbete noI Foro Camiño dos Faros: Un recurso sostible para a Costa da Morte
Novas relacionadas
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Decembro 2019: O Camiño dos Faros gaña o Premio Galicia ao Turismo Sustentable.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Maio 2019: O Camiño dos Faros non ten límites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.