Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arriva compra Aucasa e volve á Costa da Morte

Arriva compra Aucasa e volve á Costa da Morte
Arriva merca Aucasa Arriva mercou Aucasa

10 anos despois da polémica segregración do transporte colectivo da Costa da Morte, Arriva volve á operar na bisbarra, trala compra das empresas de transporte de viaxeiros Autos Carballo (Aucasa) e Santiaguesa Metropolitana por parte de Arriva Noroeste, empresa que forma parte da multinacional Deutsche Bahn e que en España está composto por Arriva Noroeste, DBLAS, Esfera e Autocares Mallorca.

Arriva operaba na bisbarra ata que en 2007 o seu servizo era repartido entre as empresas Aucasa, Autocares Vázquez e Monbús, provocando unha redución dos servizos e un claro lío para os viaxeiros, que aínda provoca numerosas queixas e todos os puntos da bisbarra.

Arriva farase cargo das liñas nas que opera Autos Carballo e Santiaguesa Metropolitana, un servizo regular urbano, interubano e discrecional, así como transporte escolar na provincia da Coruña, e con presenza singularmente na comarca de Bergantiños; en concreto, Aucasa opera a liña que conecta Santiago coas localidades de Carballo, Malpica, Laracha e Camariñas, mentres que Santiaguesa Metropolitana dá servizo a Baio, Vimianzo, Santiago e Camariñas, entre outras.

Mantemento dos postos de traballo

Así, desde agora, 43 empregados das firmas carballesas pasan a formar parte do grupo Arriva, que incrementa tamén a súa flota de vehículos en 69 autobuses. Trala firma do acordo, Juan Gómez, director de Arriva Noroeste, mostrouse moi satisfeito con que “os traballadores de Aucasa e Santiaguesa Metropolitana integraranse plenamente no noso persoal, cuxa sé situar desde agora na Coruña, e xuntos traballaremos para seguir ofrecendo o mellor servizo de transporte a todas as localidades nas que Arriva opera”.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios