As Buseranas non dan #Ninunpasoatrás


Non cesan as mulleres da Agrupación Feminista Buserana, que volveron xuntarse para berrar ben alto #Ninunpasoatrás. Unhas 60 persoas (unha cantidade pequena pero representantiva da sociedade combativa da comarca) quixeron compartir este momento en consonancia coas ducias de concentracións que se realizaron á mesma hora en todo o país.
Unhas concentracións que queren deixar claro que a cidadanía non pode volver a abrir debates que xa tiñamos superados trala irrupción de Vox e a asunción por parte de PP e Ciudadanos dun discurso absolutamente hipócrita en materia de igualdade.
”Non podemos perder dereitos” sinalaban as novas pancartas da entidade.
A presidenta das Buseranas, Cristina Ledo, leu un rotundo manifesto manifestando “a total e absoluta repulsa cara as políticas que tratan de empregar os dereitos das mulleres coma moeda de cambio, recurtando dereitos duramente conquistados e banalizando periogosamente a violencia de xénero que cada ano tantas vítimas acaba cobrando a mans dun machismo que se recrudece”.
Despois do histórico 2018 parece unha broma ter que voltar ao eufemismo “violencia doméstica”, a pesar das cifras que demostran que “as mulleres morren por selo, por querer independizarse, ser libres, soltar as cadeas dunha vida onde vivían presas do temor a unha nova malleira, unha chuvia de insultos ou o desprezo contínuo. Ese é o motivo polo que son asasinadas: por querer decidir sobre a súa propia vida”.
”Estamos fartas de que sexan homes os que decidan sobre o noso futuro, os nosos dereitos, onde e cando podemos abortar, cando debemos traballar, en que posto, con quen. Só nós somos donas das nosas vidas….e ante iso, nin un só paso atrás!”



Ademais, para pechar a cita, soou a canción “No habrá paz sin igualdad”:
Novas relacionadas
“Buserana alza a voz ante a utilización política dos dereitos das mulleres” — Que pasa na costaMáis novas
- Xaneiro 2019: Carballo volveu berrar #contraasviolencias tralo primeiro asasinato de 2019 e a volta á liberdade da Manada.
- Novembro 18: Buserana cumpre 18 anos de loita feminista cun agasallo en forma de local.
- “No momento no que tomas consciencia de que estás sendo vítima da violencia machista, a saída está en solicitar apoio”.
- “Ata que non teñamos claro que a prostitución, así como a explotación e trata sexual, son violencia de xénero, non avanzaremos na concienciación social”.
- As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Viki Rivadulla: 25N, isto tamén vai contigo.