As comarcas de Bergantiños e Soneira recibirán máis de 12 millóns do Plan Único da Deputación
08:10 17/05/18
Os veciños e veciñas das comarcas de Bergantiños e Soneira beneficiaranse dos servizos que mellorarán os seus concellos a conta dos 12.124.384,36€ que a Deputación da Coruña destina a cargo do Plan Único.
A parte máis importante da inversión, 6.550.683,02€ destinaranse a financiar un total de 62 obras que se realizarán nos 15 municipios beneficiados. Esta inversión destinarase principalmente á mellora de servizos públicos como estradas, saneamentos, traídas de augas e instalacións municipais, entre outas.
Por concellos, o de Carballo será o que reciba máis fondos do Plan Único, máis de 2 millóns de euros dos cales, 1,3, se destinarán a investimentos como a reurbanización das rúa Barcelona e Luis Calvo, a mellora da capa de rodadura do vial que vai dende o igrexario de Lema ata A Vixía ou a conservación e rehabilitación patrimonial do Museo de Bergantiños e a Biblioteca Municipal. Séguelle o concello de Vimianzo, que recibirá este ano 1.187.621,75 euros do Plan Único e que se destinara en boa parte á reparación e mellora de varias estradas municipais. Tamén supera o millón de euros (1.001.699,93 €) o concello de Coristanco dos cales 506.070,86 € se destinarán ao pago de proveedores.
Novas relacionadas
- Zas aumentou un 24% o seu orzamento dende 2015 gracias ao Plan Único da Deputación
- A Deputación inxecta máis de 645.000 euros no concello de Cee a través do Plan Único
- Varios concellos da Costa da Morte reducen a súa débeda cos máis de 963.000 euros do Plan Único
- Muros recibirá 753.000 euros do Plan Único da Deputación da Coruña
- O Plan Único da Deputación, público a golpe de click
- Xosé Regueira: “O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”.
- O Plan Único da Deputación dota de máis autonomía aos Concellos.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña