Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As escolas seguen protestando polos recortes

As escolas seguen protestando polos recortes

A pasada semana, o IES Agra Raíces protagonizaba unha das concentración en horario lectivo máis importantes da zona en contra dos recortes no ensino público. O profe de plástica do centro, David Creus, lía un manifesto claro e contundente, que se viu reflexado nas pancartas que os propios alumnos sacaron á rúa, baixo o lema "Non os recortes no Ensino". Pais, nais e profes secundaron o parón.

Reunión da ANPA

E non van parar. Dende a Asociación de Nais e Pais dos Alumnos do IES Agra Raíces de Cee, celebran este luns 17 de outubro ás 18:30h, asemblea xeral de Nais e Pais dos alumnos do centro no salón de actos do Instituto.

Na sesión tratarán os temas típicos destas citas pero tamén a problemática actual para cos recortes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios