![Mapa Autovia Carballo-Berdoias]()
O conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou na mañá deste venres, 22 de xullo de 2011, en Cee, que as obras da autovía da Costa da Morte “comezarán o luns 1 de agosto”. O farán logo de que se asinara co Consorcio Autovía Costa da Morte o contrato de concesión de obra pública que permitirá executar a infraestrutura. Con estas obras, a Vía de Alta Capacidade entre Carballo e Berdoias terá unha lonxitude de 42 quilómetros.
A vía, adxudicada hai algo máis de dous meses por 745 millóns de euros,
estará rematada no verán de 2013. Segundo a Consellería, acadarase un aforro en tempo de 17 minutos por viaxe, ademáis dun notable incremento da seguridade para os usuarios.
A autovía permitirá unha mellora das comunicacións entre a Costa e A Coruña. A infraestrutura tamén chegará como unha solución aos problemas de capacidade viaria que temos na actualidade. A autovía terá 13 conexións cos prinicipais núcleos de poboación polos que transcorre.
Cee – Sardiñeiro
O conselleiro fixo estes anuncios no transcurso dunha visita ás actuacións que se están a realizar na Variante de Cee, concretamente no treito Cee – Sardiñeiro, incluída na VAC. Conta cunha achega económica de 18 millóns de euros e
entrará en servizo antes de que remate o ano.
Con este novo treito diminuirá o tempo do percorrido en catro quilómetros e uns oito minutos. Tamén se verá incrementada a seguridade vial, i é que ao prescindir do paso polo núcleo urbano de Cee reducirase o risco de accidentes e atropelos. Cunhas previsións de 4.700 vehículos diarios, serán máis de 1,7 millóns de vehículos os que deixen de circular cada ano polas vilas de Cee e Corcubión.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.