Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unhs 40km das obras da AC-552 estarán listos ao final do verán

Unhs 40km das obras da AC-552 estarán listos ao final do verán

Continúa a estrada que vertebra a Costa da Morte en plenas obras. Xa van varios meses dende que comezaron as obras de reforzo do firme da AC-552, i é que fanse necesarias unha vez que a VAC non será unha realidade ata xuño de 2013 (en principio claro).
Hai un par de semanas a Xunta aseguraba que as obras de mellora da AC-552 non estarían listas ata o cuarto trimestre do 2011. Hoxe matiza, e asegura que máis de 40 quilómetros da estrada Coruña-Cee estarán listas despois do verán, é dicir, nun 44% do vial.

A Xunta está a actuar nas zonas máis perigosas, principalmente en interseccións e enlaces nas travesías e zonas periurbanas e interurbanas, proporcionando mellores condicións de visibilidade. Ademais lévase a cabo o reforzo do firme.

Datos

A Xunta está a investir 10 millóns de euros en mellorar a seguridade viaria nos concellos de Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee.

Os traballos que está a levar a cabo a Consellería de Medio Ambiente consisten en mellorar as interseccións e facer reforzos de firme nos seguintes tramos:

TreitoConcellosImporte M €
Pk 37+300-50+000Coristanco e Cabana2,6
Pk 55+000-69+00Zas e Vimianzo3,8
Pk 75+000-88+600Vimianzo, Dumbría e Cee2,8

O conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, engadiu que a estas actuacións hai que sumar outra recentemente rematada, que tamén consistiu na mellora de interseccións e reforzo de firme no treito que discorre dende o pk 32+100 ao 35+00, ao seu paso polos concellos de Carballo e Coristanco, así coma no treito de San Roque de Coristanco, no tramo 35+000 ao 37+000 da AC-552.

Autovía Carballo- Berdoias

O Conselleiro recordou que Ahai xustamente unha semana asinouse co Consorcio Autovía Costa da Morte o contrato de concesión de obra pública que permitirá executar a infraestrutura, cuxas obras comezarán en agosto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios