Venres. 26.04.2024
El tiempo

Que che parece o parcheado da AC-552?

Que che parece o parcheado da AC-552?

Voltamos hoxe coa rolda de enquisas a través da páxina de Facebook. E hoxe voltamos cunha de infraestruturas, pois nestes 15 imos alternar carencias con orquestas.

A semana pasada preguntabamos "Que che parece o parcheado da AC-552". Máis dun 70% dos lectores pensan que se trata dunha "trapallada" ou semellantes, mentres que un 20% opina que "podería estar mellor pero échoquehai" . A votación segue aberta e tamén podedes facer os vosos comentarios dende aquí.

12 millóns para a mellora do firme

Aló por decembro a Xunta sacaba as cifras e eran máis de 12 millóns e medio de euros para mellorar a estrada comarcal AC-552, unha melloras necesaria en tanto que a Autovía non vai estar operativa ata dentro de varios anos. O investimento céntrouse en tramos dos concellos de Carballo, Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee.

Pero boa parte de nós xa puidemos comprobar de que se tratan as obras. Non se trata dun asfaltado completo. En función da zona, é media calzada, e mesmo un cuarto de calzada a asfaltada, deixando boa parte do vial co mesmo e perigoso firme de antes. Con todo, un lector nos avisa de que "aínda faltan dúas capas de rodadura por riba e que pode que quede ben". Agardemos daquela un tempo vendo como evolucionan as obras.

Enquisa anterior

A primeira enquisa versaba sobre a Operación Orquesta. E cun seguemento exemplar, (470 votos a cara descuberta), os nosos lectores cren que os imputados na Operación Orquesta non se deberían presentar ás eleccións.

Máis enquisas

Esta mesma noite voltaremos cunha nova enquisa. E voltaremos con materia verbeneira. Así que estade atentos ao noso facebook ou facede comentarios nas novas relacionadas coas enquisas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios