Venres. 19.04.2024
El tiempo

Loli Toja e Ana Miranda levan sendas iniciativas pesqueiras aos foros Galego e Europeo

Loli Toja e Ana Miranda levan sendas iniciativas pesqueiras aos foros Galego e Europeo
Días de traballo parlamentario nos grupos do PSdG e BNG. Por un lado a Parlamentaria socialista Loli Toja levou dúas preguntas á Comisión de pesca e marisqueo en Galicia. Máis lonxe, en Bruxelas, Ana Miranda, defendeu na sesión da Comisión de Pesca celebrada esta tarde que Galiza debe contar cun “Plan de Pesca Artesanal específico que respecte as particularidades propias galegas”.

Seguridade en Laxe, e ollada aos naufraxios

A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista para “mellorar urxentemente os problemas de seguridade no peirao de Laxe”. Pero é algo que non é suficiente para a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, que presentou unha proposición non de lei na que define a “realización da dragaxe coma un parche” e na que pide a realización dunha “medida definitiva” para “solucionar definitivamente os problemas do porto e da praia” que consistiría no “derribo de 70 metros de dique exterior”. A deputada socialista lamentou que pese a votar a favor, o PP continúe sen dar unha data para a obra e falou da “incompetencia absoluta” dunha xestión que leva 5 anos para se realizar “e mesmo formou parte dos orzamentos”. Ante esta situación sinalou que “a resposta do goberno foi sempre a mesma: Vaise realizar” aínda que o problema e que “non se determina en que prazo se realizará a obra” e continuase cunha obra que leva planeada dende o 2008 e que a pesares de que se anunciou, continua sen data.
Ademais, a laxeira botou en cara que a Xunta non faga máis cousas para evitar a cantidade de naufraxios que teñen en lugar en Galicia. Toja denuncia que “o maior risco para a seguridade son os Orzamentos da Xunta”, que reduciu as partidas de Saúde e Seguridade de 900.000 a 300.000 euros entre 2017 e 2019, “executando ademais nada máis que un 37 por cento, deixando no caixón 6 de cada 10 euros”. A parlamentaria socialista sinalou os datos do Novo Catálogo de Naufraxios, que alertan de que, nos 18 anos que van de século XXI, tiveron lugar preto de cen sinistros mariños en Galicia, cun elevado número de vítimas mortais.

O BNG en Bruxelas

Ana Miranda na Comision de Pesca do Parlamento Europeo Ana Miranda na Comision de Pesca do Parlamento Europeo Volveu defender Ana Miranda na Eurocámara que Galicia precisa “un Plan de Pesca Artesanal específico que respecte as particularidades propias galegas”. Na súa intervención, que tivo lugar no marco da presentación do informe “O futuro da pesca artesanal en Europa”, Miranda considerou que este tipo de pesca debe estar “excluída de TAC’s e cotas, que son tan prexudiciais para o sector”. “Desde o NBG sempre defendemos de xeito incondicional a pesca como sector estratéxico para Galiza, así como os constantes incrementos de orzamento e unha nova definición de pesca artesanal”, explicou a eurodeputada nacionalista, en referencia as emendas presentadas ao Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) que recollen as demandas transmitidas pola delegación de representantes da frota costeira artesanal galega que estiveron en outubro na capital comunitaria. Ademais avisou do posible perigo para o sector se a Xunta “saca do caixón” o Plan de Acuicultura.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-nosas-avoas-foron-as-que-nos-abriron-o-camino/ https://quepasanacosta.gal/queremos-que-europa-trate-dun-xeito-diferenciado-a-pesca-artesanal-deixandonos-fora-do-tacs-e-as-cotas/

Comentarios