Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Así son as Cabalgatas de Reis na Costa da Morte

Reis Magos no Igrexario de Montemaior
Os Reis Magos xa saíron este martes pola Laracha, como vemos nesta parada no Igrexario de Montemaior
Así son as Cabalgatas de Reis na Costa da Morte

Día especial este 5 de xaneiro, e a pesar da incidencia do COVID, os Concellos, mesmo os que suspenderon voa parte da programación de Nadal, manteñen a cita. Pero a meirande parte serán Cabalgatas dinámicas, nas que os Reis non poderán tirar caramelos, para intentar evitar as aglomeracións.

Só Carnota decidiu suspender a súa.

Xa coñecemos a Cabalgata da Laracha, diversificada en dúas xornadas, e imos repasar o resto de propostas da comarca que chegaron á nosa redacción.

En Carballo, virtual

Cabalgata Carballo 2022

Os Reis Magos sairán este 5 de xaneiro en cabalgata por Carballo, por 14 quilómetros dos barrios de Carballo. Para evitar desprazamentos e concentracións de público, e ademais retransmitirémolo en streaming a través das redes sociais e da plataforma www.carballoenrede.com, na que, ademais de seguir a visita en tempo real, verás nun mapa por onde vai a cabalgata.

A saída está prevista para as 17.30 horas, seguindo o itinerario que podes ver no plano.

Cabalgata Carballo 2022 Percorrido Mapa

 

En Fisterra

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra prepara a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente prevista para este mércores durante todo o día. Durante o desfile non se tirarán os caramelos polas rúas. Serán os membros de P.Civil os encargados de coller da carroza as bolsas de caramelos e facer a entrega das mesmas aos veciños e veciñas que permanezan nas súas portas. Dende o Concello lamentan ter que suspender os xogos populares e os obradoiros e piden precaución.

O programa da Cabalgata de Reis 2022 será o seguinte:

  • 08:00h.- Todos os membros da organización da cabalgata, incluídos os Reis Magos, realizarán unha proba de antíxenos con fin de descartar e evitar riscos.
  • 10:00h.- Saída dos Reis no seu coche clásico Jaguar, acompañados da Policia Local e de Protección Civil, e pasarán pola Escola Infantil A Galiña Azul (dende o exterior), o lugar da Insua, S.Martiño (a Charca), S. Martiño (zona da Igrexa), Camposiños, S.Martiño de Arriba, Hermedesuxo, Castro, Vilar, Denle (arriba), Denle(abaixo), Castromiñán, Rial, Buxán, Suarriba, Sixto, Castrexe, Padrís, Sardiñeiro de Arriba, Mallas, Vigo, S. Salvador e Escaselas (Anchoa).
  • 16:00h.- Recepción dos Reis Magos no paseo marítimo de Sardiñeiro. (No caso de mal tempo será no campo de deportes cuberto na rúa de San Xoán)
  • 17:00h.- Visita de Melchor, Gaspar e Baltasar ao centro de maiores e menores de Fisterra.
  • 18:00h.- Desfile da carroza Real dos Reis Magos dende o pavillón municipal, Cruz de Baixar, Concello de Fisterra, porto, volta e subida pola Mixirica, Casas baratas, volta e percorrido por Alcalde Fernández, rúa Náufragos, Castillo, Ara-Solis e chegada á praza da Constitución de Fisterra.
  • 19:15h.- Recepción dos Reis na praza da Constitución de Fisterra (no caso de mal tempo será no patio exterior cuberto do CEIP Mar de Fóra).

 

En Malpica

O mércores, 5 de xaneiro, as visitas do Carteiro Real e as cabalgatas serán dinámicas sen realizar ningunha parada que poida favorecer as aglomeracións. Por tanto, este ano suspenderase a tradicional recepción das súas Maxestades de Oriente ás/aos nenas/os en Buño (Teleclub) e Malpica (Fonte de Anselmo Villar). Tamén se suspenderá o saúda das súas Maxestades de Oriente dende o balcón da Casa do Pescador.
A ruta será así:

- 11.00 horas, saída do Carteiro Real para recoller as cartas das/os nenas/os nas parroquias.

  • 1º Carteiro Real:
    - 11.15 horas, Buño (saída da zona do vídeoclub e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 11.45 horas, Leiloio (saída da zona do Empalme e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 12.15 horas, Cambre (saída da zona do Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 12.45 horas, Cerqueda (saída da zona de Aldeola, fronte á gasolineira, e pequeno percorrido pola parroquia).
  • 2º Carteiro Real:
    - 11.15 horas, Vilanova (saída da zona do cruceiro da igrexa de Santiso e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 11.40 horas, Seaia (saída de fronte á Casa da Cultura de Seaia e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 12.10 horas, Barizo (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).
    - 12.40 horas, Mens (saída de fronte ao Centro Sociocultural e pequeno percorrido pola parroquia).

- 17.00 horas, saída, dende a Telleira, da cabalgata para Buño co seguinte percorrido: Telleira, Cantalarrana, Xaviña Santa Catalina, O Empalme e saída para o Centro Cívico.

- 18.45 horas, saída dende o Centro Cívico, da cabalgata para a Vila de Malpica.

- 18.45 horas, actuación do pasarrúas do Folión do Zampón, entre a Casa do Pescador e o Cruceiro co eguinte Percorrido: Centro Cívico, Rúa Ventorrillo, Avda. Emilio González López, Praza Anselmo Villar Amigo, Baixada polo Pescador ao Porto de Malpica, Punta do gas, O Cruceiro, Rúa Eduardo Vila Fano, Praza Anselmo Villar Amigo, Casa do Concello (Remate).

 

En Carnota

En Carnota decidiron suspender a súa e organizar unha recepción.

Cabalgata Reis Carnota

 

En Dumbría

A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

Cabalgata Reis Dumbria 2022

 

En Mazaricos

Dende as 10 da mañá, visitarán a rapazada empadroada na Picota e Pino de Val e á tarde farán o mesmo coa das parroquias.

Cabalgata Mazaricos 2022

En Zas

Zas preparase para a chegada dos Reis Magos que percorreran o noso municipio os dias 4 e 5 de xaneiro.

cabalgata-reis-magos-zas-2022

 

En Camariñas

Os Reis Magos chegarán por mar a Camariñas este mércores, 5 de xaneiro. Ás 11 horas serán recibidos no porto pola alcaldesa, Sandra Insua, antes de comezar o seu percorrido que os levará por todas as parroquias, saudando así aos nenos e nenas e repartindo caramelos.
O percorrido, que comezará no porto de Camariñas, está previsto que remate ao redor das 20 horas en Lingunde.

Cabalgata Camariñas 2022

En Vimianzo

Vimianzo dará a benvida ás Súas Maxestades de Oriente nun itinerario que percorrerá as 14 parroquias e que dará comezo en Salto, no salón parroquial, ás 10:30 horas. Posteriormente, ás 11:00 horas estarán en Bamiro, ás 11:30 horas en Tines, ás 12:00 horas en Treos, ás 12:30 horas en Serramo, ás 13:00 horas en Baíñas, ás 16:00 horas en Berdoias, ás 16:30 horas en Carnés, ás 17:00 horas en Cereixo, ás 17:30 horas en Carantoña, ás 18:00 horas en Calo, ás 18:30 horas en Cambeda e ás 19:00 horas en Vimianzo, nun percorrido pola vila.
Os horarios son estimados e seguirase en todo momento o protocolo COVID-19.

Cabalgata Carballo 2022 Percorrido

En Cee

As SS.MM. os Reis Magos a Cee tamén estarán por Cee, con visita pola mañá ás diferentes parroquias e que culminará pola tarde coa tradicional cabalgata.

Cabalgata en Cee 2022

En Cabana

Os Reis Magos percorrerán as parroquias de Cabana de Bergantiños os días 5 e 6 de xaneiro, cunha parada o día 5 nas instalacións do pavillón municipal a partir das 19:00 horas.

O 5 de xaneiro estará en:

  • 15:15 h. Igrexa de Cundíns.
  • 16:00 h. Igrexa de Nantón (Belén Vivente).
  • 16:50 h. Taberna da Mata (Riobó).
  • 17:25 h. Igrexa de Corcoesto.
  • 18:00 h. Silvarredonda.
  • 18:30 h. Taberne de Beres (O Esto).

O 6 de xaneiro:

  • 11:00 h. Igrexa de Borneiro (Belén Vivente).
  • 11.45 h. Igrexa de Canduas (Belén Vivente).
  • 12:30 h. Praza de Neaño.
  • 12:45 h. Igrexa de Cesullas (Belén Vivente).
  • 13:45 h. Taberna de Anos.

En canto á recepción real do día 5, a rapazada poderá acceder ao recinto do pavillón municipal a partir das 16:45 horas, onde dispoñerán de inchables e outras sorpresas. Os Reis Magos chegarán ás instalacións a partir das 19:00 horas.
O aforo estará limitado, polo que as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza os días 3 e 4 de xaneiro en horario de 8:00 a 15:00 horas e o 5 de xaneiro ata as 12:00 horas chamando ao 981 754 020. Para asistir será obrigatorio presentar o certificado covid.

Cabalgata Reis Cabana 2022

En Santa Comba

Así será a ruta xalleira das SSMM.

Cabalgata Santa Comba 2022

En Corcubión

Na tarde do mércores 5 de xaneiro os reis magos percorrerán desde as 17:00 da tarde todas as aldeas do Concello de Corcubión e o casco urbano, rematando sobre as 19:00 da tarde na igrexa parroquial de S. Marcos. A carroza real irá acompañada dun espectáculo de luces e música durante o seu percorrido urbano.

Cabalgata Corcubion 2022

En Coristanco

En Coristanco tamén se diversifica, en dúas xornadas.

Cabalgata Coristanco 2022
 

En Laxe

Os Reis Magos de Oriente (non haberá recepción) partirán da Casa do Concello ás 16:00h e farán o seguinte itinerario: Da casa do Concello trasladaranse ata a parroquia de Soesto, e visitarán por esta orde: Arriba do Agro, Caso do Vigo, Cruceiro, Casa Dourado, Campo da Festa.
Posteriormente trasladaranse ao centro de Matío, e a continuación visitarán os lugares da parroquia de Traba coa seguinte orde: Cuiña (casa do Canto, e Casa de Isidro), Boaño (Casa Carril e Casa Paco Vilas), Casa Amelia, Casa Veterinario, Tras do Río, Casa Valentín, e Panadería), Mórdomo (Bar Os Espiños, Perú, Taberna), Socasas, Foxiños, Cabanela, Casa Baldino, Costa Brava, Carballal, Campodorreiro, , Reboredo, Casa de Pepe de Romero. 
Segue o itinerario pola parroquia de Nande visitando por esta orde: A Biqueira, Rens, O Aprazadoiro (Casa de José Certo, Casa do Penelo, Casa de Roberto Plateiro, Casa de Pedro e saída cara a estrada principal, Gundar e chegada á parroquia de Sarces por Coens.
De Coens partirán cara o centro do lugar de A Torre, seguindo cara a rotonda, Casa de Xaquino, e Casa de Pilar – Camposa.

Concluído o itinerario en Sarces trasladaranse á parroquia de Serantes visitando por esta orde os seguintes lugares: Carrabete, Casa dos Veciños, Casa de Baltasar, Río das Pescas, Casa de Sindo, Casa de Miguel do Merexo, Fenllido).
De volta a Laxe, os Reis Magos de Oriente realizarán o seguinte itinerario polas rúas da vila: Av. Cesáreo Pondal, Casa do Arco, Agra de Abaixo, Cruce cara o faro, Rúa Insua, Rúa Campo, Rúa do Pozo (Casa de Manolo do Merexo), Rúa Santa Rosa, Rúa Dos Plazuelas, Rúa Castelao, e Rúa Rosalía de Castro. 

Comentarios