Venres. 29.03.2024
El tiempo

Augas de Galicia completará as actuacións de mellora de abastecementos nas parroquias cabanesas de Nantón e Anos

Augas de Galicia completará as actuacións de mellora de abastecementos nas parroquias cabanesas de Nantón e Anos
Augas de Galicia completará as actuacións de mellora do abastecemento ás parroquias de Nantón e Anos, no Concello de Cabana de Bergantiños. Así o acordaron a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o alcalde, José Muiño, nunha reunión mantida na sede da entidade pública dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. A directora de Augas de Galicia avanzou que de forma inmediata se contratará a redacción do proxecto construtivo necesario para acometer as actuacións pendentes, e que inclúen unha nova captación de auga no río Anllóns, unha estación de tratamento de augas potables, e a conclusión do depósito previsto. Desta forma concluirán as obras xa iniciadas, presupostadas nun total de 1,2 millóns de euros, e das que xa están executadas as conducións e parte do depósito de auga proxectado. Os traballos quedaran interrompidos pola quebra da empresa adxudicataria das obras. Este novo impulso para completar as intervencións de abastecemento nos núcleos de Nantón e Anos é posible despois de que Augas de Galicia rescindise o contrato da empresa adxudicataria destas obras.  

Comentarios