Sábado. 21.09.2019
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: aquí tes as propostas!

A praia dos Cristais de Laxe acollerá este sábado unha nova edición do Solpor Poético.
A praia dos Cristais de Laxe acollerá este sábado unha nova edición do Solpor Poético.
#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: aquí tes as propostas!

Parte de Meteogalicia

O venres debilítase lixeiramente a influencia anticiclónica pasando do nordés de días pasados a circulación con ventos predominantes do oeste. Con esta situación agárdase un día de sol, con posibilidade de que pola tarde medren nubes de evolución en zonas altas do interior e con entrada de brétemas costeiras cara á noite en toda a franxa atlántica. Para o sábado, Galicia queda nunha zona de transición entre altas e baixas presións, con ventos do noroeste. Así, comezaremos a xornada con brétemas costeiras e intervalos de nubes baixas no litoral. Co avance da xornada os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con formación de nubes de evolución no interior que poderían deixar algún chuvasco tormentoso nas zonas altas. Xa o domingo, teremos unha situación na que se combinarán a influencia anticiclónica coa presencia de aire frío en altura, ademáis da entrada dos restos dunha fronte. Así, agárdase unha mañá con néboas no interior e nubes baixas no litoral da Coruña, e unha tarde con nubes de evolución na metade leste que poderían deixar algún chuvasco tormentoso máis probable nas áreas de montaña.

Venres 23 agosto

-Festas do Mar de Malpica.

-Desfile do Liño no Castelo de Vimianzo.

Sábado 24 agosto

-Festas do Mar de Malpica.

-Festas de San Luis da Pereira 2019, en Santa Comba.

-Festas de San Roque e Entroido de Verán en Corme.

-XIII Solpor Poético en Laxe 2019.

-Visitas teatralizadas no Dolmen de Dombate. 

Domingo 25 agosto

-Festas do Mar de Malpica.

-Romaría dos Milagros de Traba, Laxe.

EXPOSICIÓNS

  • Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
  • Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

 

Comentarios