Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Desfile do Liño no Castelo de Vimianzo

23/ago./2019
19:30 h
Castelo
Desfile do LIno VImianzo 2019
Desfile do Liño no Castelo de Vimianzo

O castelo de Vimianzo está a conmemorar este verán o 25 aniversario da Mostra de Artesanía ao Vivo, impulsada polo Concello e a Deputación da Coruña. Un momento especial neste mes repleto de actividades artesás vivirase o venres 23, co tradicional Desfile da Asociación Amigos do Liño. Esta agrupación foi a primeira en iniciar este cuarto de século de Mostra no castelo xunto con sete palilleiras vimiancesas.

Deste xeito, ás 19h30 deste venres haberá un lugar para o recoñecemento desas persoas que iniciaron a Mostra e para todas as diferentes artesanías que pasaron pola fortaleza e que hoxe son todo un referente en Galicia.
O patio de armas convertirase nunha gran pasarela onde poder ver diferentes pezas realizadas en liño vestidas por modelos voluntarias veciñas da comarca.

O programa de dinamización “Vimianzo Artesanía Viva” contará con dúas actividades máis co liño como protagonista: “Tecendo liño” da asociación O Santiaguiño de Carreira este sábado e o xoves 29 un obradoiro para aprender a facer xabón artesanal con aceite de liñaza coa Asociación Amigos do Liño. Alén diso, desde este martes pode verse na cociña da fortaleza unha nova exposición artesá, neste caso centrada na Olería de Buño da man dos Obradoiros Cambón e Lista.

Comentarios