Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!
Aquí vos deixamos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte desta fin de semana, previa á Semana Santa. Concertos, andainas, presentacións... tedes onde elixir!
PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO INESTABLE
Meteogalicia avísanos que o venres Galicia quedará baixo a influencia do anticiclón, o que deixará unha xornada de tempo seco e de sol. Así, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con algún banco de néboa nas primeiras horas en puntos de interior e nubes de evolución no interior pola tarde. O sábado, o anticiclón irá a menos debido ao achegamento dunha fronte cálida polo atlántico, polo que amenceremos cos ceos pouco anubrados ou despexados e co avance do día irán entrando as nubes polo oeste, con orballos que comezarán pola tarde na franxa atlántica e se estenderán ao resto da Comunidade á noite. E xa para o domingo, os ventos de compoñente sur achegarán moita humidade deixando unha xornada de ceos cubertos con posibilidade de chuvias miúdas, máis probables na metade oeste.
Semana Santa de Fisterra: do 12 ao 14 de abril
Venres 12 de abril
-As avoas de Laxe fan teatro en Ponteceso.
-Suso Bahamonde presenta 'Caída' en Corcubión.
Sábado 13 de abril
-Concerto no Casino de Carballo.
-Presentación da novela de Xurxo Souto en Carballo.
-Espectáculo Raigame de Ximiela en Mazaricos.
-Andaina Coñece a Costa da Morte por Vimianzo.
-Concerto en Louro (Muros).
-IV Mostra de Teatro Afeccionado en Zas.
Domingo 14 de abril
-Ruta das mamoas coa asociación Senda Nova.
-Festival de baile tradicional en Fisterra.
EXPOSICIÓNS
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- A tenda turística Stoupa acolle a exposición 'Voantes' da ilustradora carballesa Laura Tova.