Axenda para participar nas accións do #8M na Costa da Morte

As actividade en Carnota polo 8M arrincaron onte coa timba feminista de Sonlilá

Facemos un repaso ás citas máis destacadas do Día da Muller para esta fin de semana.

O sábado, Concentración en Ponteceso

O sábado 8 de marzo, as mulleres de Bergantiños sae á rúa ás 12:00h, coa intención do Colectivo Feminismo en pé de facer unha gran chamada á concienciación.

Grita, Galega, Canta en Corcubión

Unha das accións máis bonitas darase en Corcubión. A tarde do sábado será completa, coa presentación do vídeo gravado en novembro coas mulleres de Corcubión cantando un tema trascendental. Haberá ademais música coas herculinas PAVA e a banda Susto que Flipas.

Timba, proxección e cadea humana en Carnota

Tras abrir onte o programa coa timba feminista que serve para repasar a historia de centos de mulleres singulares, a familia de Sonlilá prepara varias citas. O venres 7 de marzo ás 12:30 h, no lES de Lamas de Castelo, fai unha charla sobre igualdade para a cativada. 

Xa o domingo 9 de marzo ás 11:30h, realizarán unha das citas xa consolidadas do 8M costeiro: concentración na Praza de Pedra e posterior Cadea de mulleres na praia de Carnota.

Concentración en Cee e Carballo da CIG

A secretaría das Mulleres da CIG chama a se mobilizar este 8 de Marzo para reclamar "traballo, igualdade e salarios dignos". Entre as 13 convocatorias a nivel galego, hai 2 na comarca ás 12:00h

  • A Coruña, manifestación dende o Obelisco.
  • Carballo, concentración na Praza do Concello.
  • Cee, concentración na Praza 8 de Marzo. 
     

Cea de Mulleres en Cee

A Asociación Feminista Buserana celebra a data en confianza cunha cea de confraternización, sororidade e amizade. A cita será o propio sábado 8 de marzo no Restaurante Faino e xa hai 35 apuntadas, coa inscrición xa pechada.

Exposición e cine en Vimianzo

Hoxe venres 7 de marzo, ás 19:00 hora terá lugar a inauguración da mostra ‘Relembrando a Trini’ e a presentación do libro ‘É mellor loitar que morrer de fame’, de Sergio Marey.
De seguido, ás 20:00h, o Auditorio acollerá, o Ciclo Mulleres de Cine coa proxección de ‘Secaderos’, dirixida por Rocío Mesa.

Ademais, o sábado, a cita teatreira de Tarabela Creativa tamén é en clave de muller, coa obra “Boa sorte, mala fama”.

Citas en Camariñas

Hoxe venres 7 de marzo, terá lugar unha entrega de premios ás mulleres emprendedoras que puxeron en marcha os seus negocios durante o ano 2024, recoñecendo así o seu esforzo e a súa contribución ao tecido económico local. Esta será unha das accións dun programa que podedes ver aquí: 

Homenaxe literario en Cee

Hoxe venres 7 ás 20:30h na praza Concha Blanco, o BNG rende homenaxe a 4 escritoras da vila da Xunqueira.

Charlas e moito máis en Carballo

A acción principal de Carballo será a Charla con 4 profesionais carballesas, o sábado ás 19:00h no Forum Carballo. De seguido haberá actuación do dúo formado por Marian Ledesma e Sofi Canedo (piano e voces), todo con servizo de ludoteca para colocar ás crianzas.

Homenaxe en Muros

Este sábado hai unha homenaxe ás mulleres do Aserradoiros. E a vindeira semana moito máis: 

Vídeo e concentración en Malpica

En Malpica o venres 7 de marzo terá lugar presentación dun vídeo homenaxe ás 18:00 horas na Casa do Pescador. E o sábado, concentración ás 12:00h na praza Villar Amigo.

Obradoiro de Chan pélvico en Zas

Hoxe venres 7 de marzo, no Auditorio do Concello hai un taller sobre o chan pélvico feminino que impartirá Sabela Maseda, da Clínica de Fisioterapia Vértebra. Será a partir das 18:00 horas.