mércores. 30.04.2025
El tiempo

Sonlilá comeza xa un completo programa para este #8M

Timba feminista de Sonlila en novembro 2024
Foto da timba feminista de Sonlila celebrada en novembro 2024, e que recuperarán neste mes de marzo
Sonlilá comeza xa un completo programa para este #8M

Seguimos recollendo accións dos colectivos feministas da Costa da Morte de cara ao 8M Día da Muller. Xa dimos conta da Cea de Mulleres á que invita a Buserana en Cee, e da concentración que se vai facer o día 8 en Ponteceso da man do colectivo Feminismo en Pé.

O outro gran grupo de mulleres activo, a Asociación de mulleres feminnistas Sonlilá de Carnota, prepara un programa diverso e completo.

Xa este mesmo xoves 27 de de febreiro, ás 18:00 h, prepara un café feminista na Casa da Mariñeira coa lectura do libro da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi, “Todas deberíamos ser feministas”.

Xa o vindeiro xoves 6 de marzo, a Casa da Mariñeira acolle ás 18 h, unha merendola-timba feminista, aberta ao público que chega despois do éxito da sesión do pasado novembro.

Na previa do 8M, o venres 7 de marzo ás 12:30 h, no lES de Lamas de Castelo, e dentro do proxecto “Un mar de mulleres” coa confraría do Pindo, desenvolverán unha charla sobre igualdade para a cativada. Que mellor que as propias mulleres da vila para trasladarlle a necesidade de “remar cara a igualdade.”

Xa o domingo 9 de marzo ás 11:30h, realizarán unha das citas xa consolidadas do 8M costeiro: concentración na Praza de Pedra e posterior Cadea de mulleres na praia de Carnota.

Máis novas

Comentarios