Axenda para participar nas accións do #8M na Costa da Morte

Facemos un repaso ás citas máis destacadas do Día da Muller para esta fin de semana.
O sábado, Concentración en Ponteceso
O sábado 8 de marzo, as mulleres de Bergantiños sae á rúa ás 12:00h, coa intención do Colectivo Feminismo en pé de facer unha gran chamada á concienciación.
Grita, Galega, Canta en Corcubión
Unha das accións máis bonitas darase en Corcubión. A tarde do sábado será completa, coa presentación do vídeo gravado en novembro coas mulleres de Corcubión cantando un tema trascendental. Haberá ademais música coas herculinas PAVA e a banda Susto que Flipas.
Timba, proxección e cadea humana en Carnota
Tras abrir onte o programa coa timba feminista que serve para repasar a historia de centos de mulleres singulares, a familia de Sonlilá prepara varias citas. O venres 7 de marzo ás 12:30 h, no lES de Lamas de Castelo, fai unha charla sobre igualdade para a cativada.
Xa o domingo 9 de marzo ás 11:30h, realizarán unha das citas xa consolidadas do 8M costeiro: concentración na Praza de Pedra e posterior Cadea de mulleres na praia de Carnota.
Concentración en Cee e Carballo da CIG
A secretaría das Mulleres da CIG chama a se mobilizar este 8 de Marzo para reclamar "traballo, igualdade e salarios dignos". Entre as 13 convocatorias a nivel galego, hai 2 na comarca ás 12:00h
- A Coruña, manifestación dende o Obelisco.
- Carballo, concentración na Praza do Concello.
- Cee, concentración na Praza 8 de Marzo.
Cea de Mulleres en Cee
A Asociación Feminista Buserana celebra a data en confianza cunha cea de confraternización, sororidade e amizade. A cita será o propio sábado 8 de marzo no Restaurante Faino e xa hai 35 apuntadas, coa inscrición xa pechada.
Exposición e cine en Vimianzo
Hoxe venres 7 de marzo, ás 19:00 hora terá lugar a inauguración da mostra ‘Relembrando a Trini’ e a presentación do libro ‘É mellor loitar que morrer de fame’, de Sergio Marey.
De seguido, ás 20:00h, o Auditorio acollerá, o Ciclo Mulleres de Cine coa proxección de ‘Secaderos’, dirixida por Rocío Mesa.
Ademais, o sábado, a cita teatreira de Tarabela Creativa tamén é en clave de muller, coa obra “Boa sorte, mala fama”.
Citas en Camariñas
Hoxe venres 7 de marzo, terá lugar unha entrega de premios ás mulleres emprendedoras que puxeron en marcha os seus negocios durante o ano 2024, recoñecendo así o seu esforzo e a súa contribución ao tecido económico local. Esta será unha das accións dun programa que podedes ver aquí:
Homenaxe literario en Cee
Hoxe venres 7 ás 20:30h na praza Concha Blanco, o BNG rende homenaxe a 4 escritoras da vila da Xunqueira.
Charlas e moito máis en Carballo
A acción principal de Carballo será a Charla con 4 profesionais carballesas, o sábado ás 19:00h no Forum Carballo. De seguido haberá actuación do dúo formado por Marian Ledesma e Sofi Canedo (piano e voces), todo con servizo de ludoteca para colocar ás crianzas.
Homenaxe en Muros
Este sábado hai unha homenaxe ás mulleres do Aserradoiros. E a vindeira semana moito máis:
Vídeo e concentración en Malpica
En Malpica o venres 7 de marzo terá lugar presentación dun vídeo homenaxe ás 18:00 horas na Casa do Pescador. E o sábado, concentración ás 12:00h na praza Villar Amigo.
Obradoiro de Chan pélvico en Zas
Hoxe venres 7 de marzo, no Auditorio do Concello hai un taller sobre o chan pélvico feminino que impartirá Sabela Maseda, da Clínica de Fisioterapia Vértebra. Será a partir das 18:00 horas.