Unha homenaxe, un obradoiro nos centros escolares e un Café Feminista para o 8M muradán

11:57 07/03/25
O Concello de Muros presentou o seu programa para o Día Internacional da Muller.
A programación comeza este sábado con ‘Antes que a memoria esqueza’, unha homenaxe ás mulleres do serradoiro no local social de Surribos, Abelleira, organizada pola Asociación de Veciños A Ostreira coa colaboración do concello.
Haberá tamén un obradoiro sobre sensibilización e prevención da violencia machista no IES Fontexería e no IES As Insuas, e contacontos teatralizados para o CEIP Ramón de Artaza, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP de Louro e a Escola de Educación Infantil de Muros.
A programación continurá cun Café Feminista para relexionar sobre o impacto dos roles de xénero na saúde e un coloquio sobre menopausia saudable.
