Axenda sonora e verbeneira da terceira fin de semana de agosto na Costa da Morte

Terceira fin de semana de agosto e afrontamos xa esta recta final do verán con moitas cousas que facer variadas.

Unha das grandes citas da finde é a Festa Folk na Fin do Camiño (na Anchoa, Fisterra), un dos festivais de música tradicional máis importantes do país que chega co Luar na Lubre e Adhara&Ritman como grandes reclamos.

En clave festivaleira tamén teremos cita cos Rueiros da Vila de Caión que deixarán 8 días de musica.

Pero tamén cómpre prestar a máxima atención á Festa Galega e Mercado Medieval Mariñeiro de Malpica, con Caamaño&Ameixeiras, Sés e Ialma sobre o escenario.

Ademais, teremos outras propostas como as singulares representacións dos Naufraxios en esàzos simbólicos da comarca, as Xornadas Comerciais do Punto Rojo de Baio, o monólogo de Quico Cadaval nas Torres do Allo ou as xornadas sobre Contaminación Luminosa de Corme.

Pero, como non, tamén haberá verbeneo:

 

E xa no marco da semana que vén:

  • Festas de San Bartolo de Arou (Camariñas).
  • Festas de San Bartolomé do Busto (Santa Comba).
  • Festas de San Luís da Pereira (Santa Comba).

Máis info na Axenda Costa da Morte