Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Fantasmas Familiares toman as Torres do Allo

Quico Cadaval nas Torres do Allo
As Fantasmas Familiares toman as Torres do Allo

Continúa o programa das Torres do Allo, e faino este sábado 20 de agosto ás 20:00h da tarde (con entrada de balde) co espectáculo Fastasmas Familiares de Quico Cadaval, dirixido a todos os públicos.

Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público. O espectáculo criase a partir de historias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as estórias da sua terra natal para comprobar se son universais.

Antes de chegar a Zas, e a modo preparatorio, Quico Cadaval paseou os seus fantasmas por festivais tan prestixiosos como o de “Bucaramanga de narración oral en Colombia”, “Déjame que te Cuente”, en Lima, Festival de Teatro de Almada en Portugal, Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá, A Feira do Libro da Habana, A leitura de El Quixote no Círculo de Bellas Artes de Madrid en España, Maratón dos Contos de Guadalajara, tamén en España, na Fundaçao Gulbenkian en Paris, en prestixiosas universidades de Alemaña e Portugal, e tamén na de Santiago.

Comentarios