aAntena leva as súas representacións dos naufraxios a 12 espazos singulares da Costa da Morte

Xa están a pleno rendemento as funcións teatrais arredor dos naufraxios que aAntena está levando por espazos singulares da Costa da Morte. De feito, xa rematou o proxecto subvencionado pola Deputación que levou as obras ata Razo e o Faro Roncudo, e mentres continñúan abertas as rutas polo litoral camariñán, hoxe dará comezo na Ermida de San Adrián o proxecto subvencionado polo Teu Xacobeo que espallará esta singular proposta teatral por 12 espazos singulares da Costa da Morte.
A compañia costeira disfrutaba da gran acollida que tiveron esta fin de semana as representacións de Razo e o Faro Roncudo, onde houbo case un centenar de persoas disfrutando dunha noite única.
Antes de repasar o programa que vén por diante, aquí quedan varias estampas da representación cormelá:
Programa do Teu Xacobeo
As representacións serán ás 23:00h, e o programa é o seguinte:
- Mércores, 17 de Agosto. Camelle. Entorno Praia de Camelle.
- Xoves 18 de Agosto. Caión. Oficina de Turismo. Campo da antiga reitoral.
- Venres. 19 de Agosto. Traba de Laxe. Área recreativa de Mórdomo.
- Sábado. 20 de Agosto. Arou. Praia de Lobeiras.
- Domingo 21 de Agosto. Cemiterio dos Ingleses. Camariñas
- Luns 22 de Agosto. Entorno Faro de Lariño. Carnota (ás 22:00 horas)
- Martes 23 de Agosto. Muxía. Punta da Barca.
- Mércores, 24 de Agosto. Fisterra. Hotel Bela Fisterra.
- Xoves 25 de Agosto. Entorno da Fervenza do Ézaro
- Venres 26 de Agosto. Cee. Entorno Praia da Concha.
- Sábado 27 de Agosto. Corcubión. Entorno de Praia de Quenxe.
- 3 de setembro. Malpica. Ermida de San Adrián (ás 21:30).
AS RUTAS
Aínda quedan prazas libres para as rutas guiadas polo patrominio inmaterial do litoral camariñán:
- Ruta Norte: Do 22 ao 26 de agosto: ruta circular con inicio e fin no Porto de Laxe para coñecer a historia do Adelaide nun recorrido pola costa ata Malpica para descubrir historias de barcos como: Kenmore, Adelaide, Chamois, Priam…
Ten paradas: Praia de Traba, Faro de Laxe, Faro de Roncudo, Faro de Punta Nariga, Cabo de San Hadrián e Malpica . - Ruta Centro: Do 5 ao 9 de setembro). Percorrido circular pola Costa do concello de Camariñas para coñecer os espazos e lugares dos naufraxios máis significativos: Banora, Serpent, City of Agra, Iris Hull, Trinacria.
Ten paradas en Cereixo, Porto de Camelle, Porto de Santa Mariña, Praia de Lobeiras (Arou), Cemiterio dos Ingleses, Faro Vilán. - Ruta Sur: Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de setembro. Ruta circular con inicio e fin na punta da Barca para ollar os restos do naufraxio petrificados da Virxe da Barca para percorrer a costa polos cabos de Touriñán, Fisterra e Cee e acadar a praia do Ézaro para coñecer historias como a Flotilla de Padilla, os barcos como o Sunrise e o Great Liverpool.
Ten paradas en: Punta da Barca, Faro de Cabo Touriñán, Faro de Fisterra, Faro de Cabo de Cee, Praia de Gures e Ézaro.
Para todas as rutas (teñen un custe de 20 euros) hai dous puntos de encontro (Porto de Camariñas ou Porto de Laxe), arrincan ás 10:00h e duran 4 horas. Vaise en furgoneta de 9 plazas para o recorrido. Visita con guía especializado. Compre reservar en www.naufraxios.com.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 21: O Ézaro e Quenxe acollen as primeiras representacións teatrais sobre naufraxios de aAntena.
- Setembro 21: aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra.
- Agosto 21: Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses .
- Agosto 21: Volven ás Noites de Naufraxios ao Cemiterio dos Ingleses.
- Novembro 2020: Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra.
- Agosto 2020: As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños