Sábado. 01.10.2022
El tiempo

Baio quece motores para o Circo do Punto Rojo

Xornadas Baio Punto Rojo 2022
Baio quece motores para o Circo do Punto Rojo

Chegan as xornadas comerciais máis singulares da comarca. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira abre a “Porta Grande da Costa da Morte, a de Baio” para preparar unha nova fin de semana chea de variedades, noutra desas accións que afianza a confianza da veciñanza no noso comercio local.

Do 19 ao 21 de agosto, a vila zaseira porá rebaixas en todos os seus produtos. Uns prezos de escándalo para atraer a toda a comarca. Para aderezar as rebaixas, ofrecen tapeo variado, inchables para os peques, moita animación de rúa e mesmo premios de ata 1.000 euros.

O domingo 21 ademais completarase coa Feira máis completa do interior costeiro.

Tamén ofrecen a posibilidade de gozar das tapas de Casa Rogeilio, da Cervecería Río Grande ou do Trebol ademais de poder cear de carta en A Lareira.

Todo no centro da Costa. Estate atento ás novidades nas redes sociais da entidade.

comentarios