Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Corme volve reflexionar sobre a contaminación luminosa

cartel Contaminación Luminosa Corme
Corme volve reflexionar sobre a contaminación luminosa

No marco do completo programa que a Asociación Insua de Viastela ten para encher Corme durante o mes de agosto, chegan as II Xornadas sobre Contaminación Luminosa.

A gran cita será o venres 19 ás 19:00h. O Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte de Corme (MACCMO) acollerá unha conferencia sobre contaminación luminosa da man de Alfonso Gómez, alclade de Xenebra; Martín Pawlley, da Asociación Ío, e co cormelán Suso Lista.

Os días 12 e 26, o Museo estarn abertos de 22:00h a 0:00h para ver en pantalla unha proxección en pantalla de fotos de Drew.

Ademais, o martes 23, o propio fotógrafo cormelán vai facer unha saída para iniciar a xente á fotografía nocturna.

Exposición de Drew en Dombate

Drew Korme

Precisamente, o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate acolle desde esta semana parte da produción fotográfica do músico e fotógrafo Drew Korme.

A mostra está integrada por un compendio de imaxes nas que se reflicten os paisaxes nocturnos de diferentes enclaves da Costa da Morte, empregando técnicas como a longa exposición para acadar recreacións dunha gran beleza.

Novas relacionadas

Comentarios