Xoves. 25.04.2024
El tiempo

BNG e En Marea denuncian a contratación ilegal da asesoría xurídica polo alcalde de Coristanco

BNG e En Marea denuncian a contratación ilegal da asesoría xurídica polo alcalde de Coristanco

Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?. Parece que estas cousas si que pasan en Coristanco. Así nolo preguntabamos a semana pasada, e así o ratifican hoxe os grupos de En Marea e BNG en sendas notas, nas que denuncian a contratación dunha asesoría xurídica externa por parte do actual goberno de Coristanco, que conta con informes en contra da secretaria municipal por non cumprir coa lei e considerala unha contratación nula. Unha contratación directamente vencellada co polémico expediente aberto á propia secretaria, por un asunto leve.

22.000 euros en once meses costará a contratación do despacho de avogados coruñés Antas Hernández, a pesar dos informes contrarios da Secretaría, que sinalan que é unha contratación nula ao carecer dos requisitos indispensábeis que marca a lexislación.

”Unha vinganza persoal”, para o BNG

O BNG considera que “non hai xustificación da necesidade real de contratar unha asesoría externa nin se especifica en ningún momento cales han ser as funcións desa asesoría”. O BNG considera que “a contratación non só se fixo ignorando as advertencias respecto das irregularidades, se non que se fixo tamén para invadir competencias da propia secretaría municipal e mesmo obstaculizar o labor de control e supervisión da actuación dos responsables políticos por parte da funcionaria habilitada para tales funcións”.

Por iso o BNG advirte que “estamos diante dunha vinganza persoal contra a funcionaria”, que xa “foi obxecto de persecución por parte do anterior goberno encabezado por Pensado Plágaro, e que propio BNG levou o caso ao Parlamento de Galiza, e que seguirá vixiante nesta cuestión para impedir a intromisión do alcalde ou de calquera asesoría xurídica externa no traballo do funcionariado”.

”Clientelar” para En Marea

Juan Carlos Abelenda, de En Marea, denuncia ademas que Gerpe está traballando dun xeito ” clientelar beneficiando ás empresas amigas”, sinalando que a empresa contratada ten vinculación co Concello de Ourense co que chegou a facturar 150.000€ en dous anos, feito que supuxo a imputación da conselleira de urbanismo do momento”.

Igualmente, considera que “a apertura do expediente á secretaria é unha decisión política que ven dada por un axuste de contas que o exalcalde Antonio Pensado Plágaro pretende facer coa secretaria, gracia á cal se descubriron as numerosas irregularidades que o Sr.Pensado facía durante os seus mandatos, os cales pretende seguir facendo na sombra, pero neste caso actuando Abraham Gerpe a modo de marioneta”.

A varias cuestións, durante o pasado pleno, Pensado respondía que "sabes que podo non contestarche, pero fógoo porque sei que eres veciño de Coristanco, eu unha vou actuar de modo que vaia facer un axuste de contas con ninguén", centrándose no anecdótico e deixando sen contestar o verdadeiramente relevante.

Abelenda quedou sorprendido tamén pola xustificación da contratación por parte do alcalde, Gerpe, sonalando que “os informes redactados pola secretaria eran dunha complexidade excesiva ser quen de comprendelos e que tamén eran demasiado extensos”.

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios