Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG leva ao Parlamento o caso Ferroatlántica e os recortes en pediatría de Zas

O BNg xa recibiu a Coordinadora Zas sen recortes en pediatria no Parlamento
O BNG xa recibiu a Coordinadora Zas sen recortes en pediatria no Parlamento
O BNG leva ao Parlamento o caso Ferroatlántica e os recortes en pediatría de Zas
O BNG leva ao Parlamento o caso Ferroatlántica e os recortes en pediatría de Zas

Dous temas costeiros, de máxima actualidade, levará o BNG ao próximo plendo do Parlamento Galego.

Por un lado, trasladará a demanda dos pais e nais do Concello de Zas que reclaman recuperar o servizo íntegro de pediatría que, desde xuño de 2018, soporta un recorte superior ao 50% pasando de 35 horas a 15 horas semanais. Este recortazo fai que moitos menores teñan que desprazarse até os concellos de Vimianzo e Camariñas cando necesitan atención pediátrica fora das horas establecidas polo SERGAS.

A formación nacionalista considera que non pode haber nenos e nenas de primeira e de segunda, e consderan indigno ter que esperar até as 12.00 para ir ao médico pois ademais provoca problemas mesmo de conciliación aos proxenitores e supón unha discriminación para os veciños e veciñas de Zas.

Ferroatlántica

Así mesmo, o BNG proporá a intervención pública e preguntará á Xunta se ten aberta unha mesa de negociación ou estuda reverter as concesións públicas ao grupo de Villar Mir. O Bloque considera necesaria “a intermediación por parte das administracións para evitar que o modelo de industria colonial que se ten aplicado, sumado ao irracional sistema de xestión eléctrica, supoñan novas perdas en materia de emprego e tecido industrial”.

Ademais, preguntará á Xunta se ten previsto algunha mesa de negociación co grupo de Villar Mir ou mesmo se analiza a reversión das concesións públicas ante os axustes que a multinacional fai en termos de emprego.

Últimas novas dos temas

Comentarios