Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA

Certame AMEGA copia
Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA

O confinamento pode permitir elaborar un guión e realizar a gravación para presentarse ao Certame de videos, podcast e regueifas convocado pola Asociación de Medios en Galego. O traballo non debe superar os 4 minutos de duración e poden presentarse persoas individuais de entre 12 e 30 anos e tamén aulas de ESO, Bacherelato e ciclos formativos. Serán traballos nos que se relacione a lingua galega e os medios de comunicación. Valorarase a utilización do humor, calidade técnica e lingüística, poder de persuasión, claridade expositiva e creatividade.

Ademáis dos 1000 euros en metálico tamén haberá outros galardóns como un dia de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeneración e unha cámara de gravación con micrófono.

Aquí tendes as bases completas. Os traballos enviaranse por correo electrónico a [email protected]. O prazo de presentación de traballos finaliza o 30 de setembro.

Comentarios