Venres. 19.04.2024
El tiempo

Buserana lanza o seu I Certame Literario Asociación Feminista

certame buserana
Buserana lanza o seu I Certame Literario Asociación Feminista

certame buserana

Co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, a Organización Feminista Buserana vén de convocar o I Certame literario Asociación Feminista Buserana. O mundo das artes, neste caso da escritura, convírtese así nunha arma para loitar contra esta enfermidade social.

Poderán concorrer todos os autores, maiores de 12 anos, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega ou castelán. Os traballos deben ser inéditos, e deben ter un máximo 200 palabras en letra de corpo 12.

Poden presentalo antes das 24 horas do día 18 de novembro do 2021. O texto deberá ser enviado a [email protected] co asunto “concurso” e irá firmado con pseudónimo, e noutro correo co asunto” datos” irá o pseudónimo utilizado e tódolos datos persoais, nome, apelidos , idade e teléfono de contacto .
O xurado estará composto por integrantes do Clube de lectura Bruar, e o premio será entregado na concentración convocada por Buserana o día 25 de novembro, na praza 8 de marzo de Cee.

Novas relacionadas

Comentarios