Sábado. 10.12.2022
El tiempo

O Camiño do Conde, o novo sendeiro que vertebra a Costa da Morte

O Camino do Conde-Costa da Morte
O Camiño do Conde, o novo sendeiro que vertebra a Costa da Morte

Dos creadores do Camiño dos Faros, nace na Costa da Morte outra ruta de sendeirismo que pode servir de fantástico reclamo turístico. O Camiño do Conde trata de convertirse noutro recurso que afiance a nosa comarca como gran referente mundial en material de sendeirismo e turismo de natureza.

O Camiño do Conde é unha viaxe no tempo que atravesa as comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños, cun percorrido de 115km separados en 6 etapas.

O sendeiro, que pecha o círculo do Camiño dos Faros, pois arrinca no Faro Fisterra e remata en Malpica, ten unha clara intención histórica, rescatando os tempos da Idade Media no que os Condes de Traba e de Altamira dominaban as terras do Trastámara.

Así, a través de 6 etapas facemos un percorrido etnográfico polas aldeas máis ricas en materia de patrimonio, polos camiños rurais mellor conservados, por pazos, casas, eiras, muíños, cabazos… que permiten realizar unha fermosa viaxe no tempo.

Novas relacionadas

comentarios