luns. 02.12.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario

Camino dos Faros por Malica
O Camiño dos Faros, na imaxe por Malpica, recibirá un Ara Solis
O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario

Este mes de de decembro o Camiño dos Faros cumpre 7 anos. Foi a finais de 2012 cando un grupo de 7 veciñ@s e dous cánidos comezaron a tecer un camiño, pola beira do mar, entre Malpica e Fisterra. Unha acción civil que se convertiu no meirande activo turístico que realizou a comarca nos últimos 10 anos.

Un Camiño dos Faros que vai recibir un dos cinco Premios Galicia de Turismo 2019, escollidos entre 160 candidaturas por un xurado composto por respresentantes do Clúster Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia, a Universidade e das empresas patrocinadoras. O Sendeiro costeiro recibirá o galardón na categoría de Sustentabilidade (unha estatua chamada Ara Solis, feita por artesán José María Mayer Segade), nunha gala que se celebrará o vindeiro 3 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Cos trans@s subirán ao escenario a recoller o Ara Solis os outros proxectos premiados: o proxecto de restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela na categoría Patrimonio; a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021 na categoría de Promoción; a axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel na categoría Vangarda; o Resurrection Fest na categoría Evento.

O mellor premio, a Homologación como PR

En todo caso, o mellor premio para o Camiño dos Faros sería a homologación como Ruta de Gran Percorrido, como levan os trasn@s pelexando na marea “burrocrática” durante 5 anos, como ben esixían este verán os alcaldes da comarca.

Novas relacionadas

Comentarios