Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros non ten límites

Camino dos Faros Sen limites por Corme 2
O Camiño dos Faros non ten límites

Nova demostración de poder do Camiño dos Faros. Desta volta, a través do Camiño sen Límites, a versión inclusiva da ruta, esa iniciativa que achega á maxia do Camiño a escolares e persoas con diversidade funcional. Foi unha fermosa 3ª etapa, dende Corme á Pedra da Serpe. As empinadas costas non impediron que o cento de participantes disfrutarse da natureza máis pura dos 7 kms de percorrido.

Foron acompañad@s pola escritora María Suárez, e remataron cuns petiscos na vila cormelá, onde agardaba por nós o grupo musical Xa era hora.

Unha xornada que se fai posible gracias á Fedanpas, e á colaboración do Concello de Ponteceso, a Confraría de pescadores e voluntari@s e monitores que fan posible que escolares e os colectivos de atención ás diversidades poidan disfrutar da verdadeira Costa da Morte.

Camino dos Faros Sen limites por Corme

Comentarios