Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Camiño Xacobeo e o Camiño dos Faros, presentes en Fitur da man de Solpor

Tono Gonzalez Jesus Picallo e Belen Montero de SOlpor en Fitur 2021
Toño González, Jesús Picallo e Belén Montero, de Solpor en Fitur 2021
O Camiño Xacobeo e o Camiño dos Faros, presentes en Fitur da man de Solpor

Asistimos á Fitur con menor presencia costeira da historia. Pero en todo caso, aínda que non hai alcaldes, concelleiros… a “humilde expedición da Costa da Morte” está presente. Ademais da Ruta Xacobea Ría de Muros-Noia, a presencia de Xosé Regueira, como responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, e de Jesús Picallo, como Vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia e Presidente da Asociación Solpor corrobora que o Xeodestino Costa da Morte estará presente na Feira máis importante do estado.

“Hai que estar, e xa tiñamos moitas gañas de vir á Fitur”, recoñece o propio Picallo, que nota entre a xente que xa leva vendo 15 anos que xa se respira “certo aire de que estamos saíndo desta”. E iso que para acodir tiveron que facer unha proba o día anterior e os protocolos son estritos, pero ante todo, “triunfa as gañas de viaxar e coñecer e promocionar os destinos”.

Xunto a el están tamén traballando representando á nosa zona Toño González (da Morada da Moa do Pindo) e Belén Montero (da Casa Lourido de Lires e directora do Palacio de Congresos de Santiago), amb@s directiv@s de Solpor, e dous dos mellores embaixadores da nosa comarca.

Cesareo Pardal e Jesus Picallo do Cluster de Turismo de Galicia en FITUR
Picallo con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster

Na xornada inaugural celebrada este mércores asistiron á presentación oficial do stand da Xunta, e xa se puxeron o mono de traballo coa axenda de contactos (axencias, touroperadores…) que levan semanas preparando para promocionar o Xacobeo 2022. Ata o venres a asistencia ténica non parará de manter reunións, para dar paso á fin de semana aberta para o cliente final.

“Destino Costa da Morte” e polo Camiño dos Faros”

Se ben o Camiño Xacobeo é o principal produto que leva Galicia, e a Costa, á Fitur, o “Destino Costa da Morte” tamén está presente gracias aos panfletos que corren polos diversos stands, a pesar de que é a Fitur máis dixital da historia. “Somos un produto moi ben situado neste momento, co turismo de natureza, seguro, con distanciamento e seguridade… por iso preguntan moito.”

O que tamén nos di Picallo é a incidencia do Camiño dos Faros. “Entablas unha conversario cun toueroperador ou axencia e á quinta frase xa sae o Camiño dos Faros, e non fai falta que o saquemos nós”, apunta.

Novas relacionadas

Outras novas turísticas

Comentarios