Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Solpor, un exemplo de unión e esperanza para o sector

Membros de Solpor en Olveira
Membros de Solpor en Olveira
Solpor, un exemplo de unión e esperanza para o sector

Recollemos hoxe a acta da Asemblea xeral da Asociación SOLPOR (Asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra- Muxia), celebrada o pasado dia 25 de Xuño no local social de Olveiroa, Dumbría. Cunha asistencia fantástica duns 40 asociados, e un ambiente moi fraternal, a cita serviu para presentar dous novos membros da directiva comandada por Jesús Picallo: Jose Antonio Gonzalez Rodriguez e Jorge Sanmartin Rial.

O primeiro punto foi facer balance do pasado curso, destacando a celebración do evento un Mar de Grazas en outubro do ano pasado, a disponibilidade do espazo cedido por Viloria fronte á oficina de información ao Peregrino en Santiago, ou a asistencia a diferentes Feiras de Turismo nacionais e internacionais.

Ollando xa para este 2020 e 2021, a consultora pQliar Consulting debullou os Convenios coa Diputación, coa Conselleria de Turismo e Cultura, ou Teu Xacobeo, etc… orientados á promoción via eventos, via workshop, funtrips, e mesmo a aportar ferramentas de dixitalización.

Directiva de Solpor
Directiva de Solpor

Nova guía, e novo Vákner

Precisamente sobre promoción dixital, Antón Pombo, cofundador de devandita asociación e expresidente da mesma, quen fixo a presentación do proxecto de creación dunha empresa xornalística de divulgación xunto a Pepe Formoso denominada Andantes. A primeira proposta é a de crear unha Guia Digital do Camiño Santiago a Fisterra-Muxia, cun banco de imaxes, tradución a varios idiomas coa posibilidade de engadir o chinés, inserción de textos, canle de Youtube, reactivación de Facebook, etc. Ademais, propón incluír nun paquete promocional de 150€ a todos os socios de Solpor para incluílos na guía de locais comerciais de Andantes.

Pombo tamén repasou como vai ser a segunda edición do proxecto VAKNER que xa tivo lugar o pasado ano, ao amparo do programa ou Teu Xacobeo, cun éxito rotundo.

A consultora continuou informando aos asistentes sobre as últimas novidades que afectan ao sector: a operativa do Bono Solidario, as axudas da Xunta para adquisición de material epi e a prórroga dos ERTE´s.

 

A sesión rematou cun pequeno debate en relación ás dificultades coas que se atopa o sector e a responsabilidade que este ten na adopción de medidas que garantan a seguridade ao cliente.

Novas do Solpor

comentarios