Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

O Foro Mirando por la Tierra aposta por un turísmo de natureza e de calídade

O Auditorio Baldomero Cores de Cee acolleu unha nova sesión do Foro Mirando por la Tierra, organizado polo Grupo Bela. Moderado polo presidente do proxecto e da man de Antón Pombo, a sesión, en clave televisiva, tivo 4 horas de reflexións sobre as tendencias do turismo post-pandemia.

A idea principal é que Galicia, e a Costa da Morte, está moi ben situada como destino pouco masificado (e sen perigo de caer nesa problemática) ante as novas tendencías de turísmo de natureza e cultural. “Na Costa da Morte nos falta un Parque Natural como guínda”, propuxo Pombo.

O programa tamén tivo a participación de Cesáreo Pardal, presídente do Clúster de Turísmo de Galícía ou Carmen Píta, de Turgalicia, ademais de profesionais que compartiron experiencias como a Feira de Abril de Sevilla, o turismo de Canarias.

Especial interese tivo a aportación de Julio Castro. O fisterrán, director do Parador de Lourido, recoñeceu a importancia para a comarca do establecimento, e resaltou que durante estes tempos o parador costeiro tivo máis ocupación mesmo que o de Santiago.

”Motor de destíno”

ímpactante foí o relato de Manuel Costíña, o promotor dun dos restaurantes máis importantes da comarca, o Retiro da Costíña de Santa Comba. Dende o “arraígo da famílía”, pasando polo “incorformismo” e a “innovación, e o ”institnto de supervivencia”, a familia Costiña está entre os restaurantes máís destacados do mundo, baseándose na calidade do produto e dos servizos. “Hai facer paquetes máis potentes, enfocado ao turismo de calidade”, concluíu.

Foro Turismo Mirando por la Tierra

O Foro “futuro do turismo” foi organizado polo hotel Bela Físterra, co asesoramíento de Ambar Traíníng Solutíons e a colaboración de Fenie Energia, Portomuíños e o Concello de Cee. Conta ademais coa colaboración institucional de Galícía Calídade e os concellos de Cee e Físterra. Volvo é o vehículo oficial, Iberia o transporte oficial e El Español é o medía partner.

Novas relacionadas

O Foro Mirando por la Tierra aposta por un turísmo de natureza e de calídade