Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A campaña “Cada neno un xoguete” busca apoios na Costa da Morte

Cada neno un xoguete 2
A campaña “Cada neno un xoguete” busca apoios na Costa da Morte

Algo tan básico como que cada neno do noso país teña un regalo por Reis ou Papa Noel, é o obxectivo da campaña “Cada neno un xoguete”. “Se se rompe iso, creo que se rompe parte dese mundo”, entende Carmen, unha das voluntarias da promotora Asociación Stop, que puña en marcha esta campaña solidaria en Vigo hai xa 15 anos e que se vai expandido polo país. Coa intención de dar a coñecer a iniciativa para que se acheguen tando doadores como familias receptoras, a entidade quere achegarse tamén á Costa da Morte.

Pendentes de facer a inauguración oficial da campaña deste ano (o 9 de novembro nun Centro Comercial de Vigo), tratan de ir espallando esta semente pola xeografía galega co afán de obter a meirande cantidade de entidades e familias colaboradoras.

Son un grupo de persoas as que colaboran para conseguir un reto tan xigante coma ese: que ningún neno de Galicia quede sen regalo este Nadal. E fano superando adversidades. “Non nos facilita ninguén o traballo. Temos poucos medios, cartos aínda menos… pero ano tras ano seguimos pelexando”, sinalan. O ano pasado recolleron máis de 16.000 xoguetes, destinados a familias galegas, pero tamén da Palma ou outras zonas con problemas.

Teñen problemas bastante importantes como o do local (a día e hoxe na rúa García Barbón, 110, Vigo) onde “recollen, limpan e preparan para entregar cada regalo. É duro, pero traballar coa emoción é inspirador”. Así o senten cada unha das colaboradoras que se entrega en corpo e alma nesta iniciativa social, pero tamén medioambientalmente comprometida, coa reciclaxe e a reutilización como aristas paralelas.

Teñen habilitado diversos puntos de recollida por Vigo e a provincia de Pontevedra, e buscan entidades colaboradoras pola Costa da Morte que sirvan de punto de apoio.
Para iso, poden contactar no 622 220 859 ou en [email protected].

Cada neno un xoguete

Comentarios